12/12/2013

Actividade "Que non te pille o machismo"

José María Mur / 1º ESO B
-----------------------------------

Seguro que moitos vos decatastes de que o 25 de novembro foi o día contra a machismo e nós, como nunca nos quedamos calados, imos contarvos como Baiona prestou atención a este día.
Todo foi unha sorpresa, os profesores dixéronnos que iamos facer algo especial esa mañá, pero ninguén nos concretou máis nada.
A esta loita contra o machismo fomos 1º e 2º curso de ESO, pero tamén estaban alumnos do IES Primeiro de Marzo, do CEIP de Belesar e de Fontes.
Cando chegamos á casa do concello, que era o lugar de reunión, tivemos que correr ata o auditorio cun compañeiro, atados os dous xuntos de pés e mans. Isto resultou bastante incómodo e ademais na metade do camiño tivemos que resolver unha proba de intelecto.
Xa no auditorio, as tres parellas que chegaron primeiro fixeron probas relacionadas coa temática dese día, mentres nós quedamos sentados como espectadores, sen poder participar de xeito directo. A pesar disto o día foi entretido e o aprendido incluso mellor.

A miña festividade favorita.

Miriam Rouco /1ºC
---------------------------------------
A miña festividade favorita, sen dúbida ningunha, é o Nadal. É que é, unha preciosa DATA para pasar bos momentos coa túa familia e ''papar'' boa comida. Considero moi importante a familia e reunirnos unha vez ao ano está bastante ben. Como non!
Vós xa o sabedes! Celébrase dende o 25 ao 6 de xaneiro.
En Noite Boa ceamos na casa dos meus avós paternos adoitamos cear vieiras, que por certo, están deliciosas!; de segundo prato carne asada ou peixe ao forno. Ao día seguinte imos  comer á casa dos meus avós maternos, e mira que somos! Case non entra a familia na casa! Pasámolo moi ben disfrutando da compañía de todos e ensinando os agasallos que nos trouxo Papá Noel.

O día de Noite Vella ceamos na casa dos meus avós paternos e despois de cear chega o gran momento da velada: As uvas! Tan unha, tan dúas, tan tres, … e ata doce, non te rías;  pero un ano, cando era  pequena case me atragoo con unha! Despois de felicitar ao resto da familia por teléfono,  pómonos a bailar, tomamos 'cava',  cantamos, rimos…  Pasámolo moi ben e nunca nos aburrimos. Home, somos tantos!

Supoño que o día máis importante para todos os nenos do mundo é  a chegada dos reis. O día 5 de xaneiro en Baiona hai unha cabalgata na que se reparten moitísimos caramelos, logo os meus padriños veñen a cear á miña casa e facemos festa rachada.

Ao día seguinte toca facer o percorrido por todas as casas da familia recollendo os regalos dos reis. Tanta familia que somos! Montón de agasallos...


Espero que pasedes un bo Nadal!

Lucía Rodal /1º C
----------------------------------
O entroido

Esta festividade celébrase a finais de febreiro ou principios de marzo. A min Encántame  porque te disfrazas coma che dea  a gana, de feito ese día podes transformarte no que un queira.  Pásalo xenial cantando e bailando no enterro da sardiña, día en que todas as viúvas van detrás da sardiña chorando e bailando ao ritmo da música ata que se queima na praia. A pena é que con esa festa remátase o entroido.

Celébroa cos amigos e coa familia. Algunhas veces facemos unha merendola e pasámolo xenial. Tamén nos  difrazamos no colexio e algún ano paticipamos na cabalgata.

As orellas é un postre típico desta data, están boísimas. Eu  prepároas na miña casa, sempre, nesta festa.
O máis famoso dos entroidos é o de Brasil. As rúas énchense con grandes carrozas, vestidos espectaculares, luces e música. Son fascinantes e os máis grandes do mundo. Aquí non é tan colorido.

03/12/2013

Entrevista a Jerónimo Pereira, gañador do concurso "Covachef"

Grupo de 1º C
---------------------------------------------------------
O gañador do concurso, "Covachef" concede unha entrevista para o blog Primeiro Expreso.


P. -Tiñas algún outro prato na mente?

R. -A verdade é que si, de feito dubidaba entre a pizza e unhas madalenas de outono.

P. -Por que elixiches esa receita?

R. -Porque supoñía que a maioría ía  facer pratos doces.

P. -Como conseguiches esa receita? Tíñala na casa? Buscáchela en internet ou  deucha algún   familiar?

R. -Foi miña nai quen me deu a idea.

P. -Fixeras a receita antes ou  fixéchela especialmente para o concurso?

R. -Era a primeira vez.

P. -Fixéchela ti só ou axudouche alguén?

R. -Si, axudoume a miña nai.

P. -Canto tempo che levou preparala?

R. -Uns trinta minutos.

P.-Custouche moito facela?

R. -Non, é  moi sinxela.

P. -Cando cociñaches a pizza  pensabas que ía a pasar o que pasou?

R. -Non, nunca pensei que ía ser o gañador.

P. -Hai algún ingrediente segredo que non o dixeras?

R. -Non.

P. -Mentres preparabas a receita, hai algo que che saíra mal e tiveras que repetilo?

R. -Non, saíunos todo á primeira.

P. -Na primeira votación para elixir a comida con mellor presentación,  ao ver que non saías votado, que pensaches?

R. -Que non tiña posibilidades ningunha.

           P. -Que sentiches cando che dixeron que eras o gañador á mellor receita?

           R. - Chorei de alegría.

P. -Estabas nervioso cando che deron o premio?

R. -Moito.

P. -Gustouche o premio ou esperabas outra cosa?

R. -Gustoume moito.

P. -Compraches aos xuíces?

R. -Non…(risas)

P. -Xa gañaras algún premio antes? Que premio?

R. -Si hai anos. Era un libro relacionado co Samaín.

P. -Que fixeches cando chegaches a casa? Que dixo a túa familia cando lle dixeches que gañaras o premio?

R. -Chamar a miña nai por teléfono e contarllo. Ela alegrouse moito.

P. -Despois de probar ti todos os pratos e de  poder elixir, a cal lle darías o primeiro premio?

R. -Daríallo as “Tortitas de cabaza”.

P. -Que foi o mellor dese día?

R. -Gañar o premio e recibir os aplausos de todos os alumnos do centro.




Jerónimo Pereira/1º C
-------------------------------------------------
Pizza de outono

   Ingredientes:
Ø  Base de pizza.
Ø  Unha bandexiña de cogomelos.                       
Ø  Unha peituga de polo picada.                                          
Ø  Queixo relado.
Ø  Tres culleradas de tomate.
Ø  20 noces.
Ø  1/4 de cabaza en lascas.

Preparación
Botar a peituga nunha tixola cunha cullerada de aceite, con pouco lume. Mentres temos a peituga facéndose, botamos noutra tixola os cogomelos  cun chisquiño de allo e aceite. Por outro lado botamos o tomate na base da pizza, logo a cabaza, a peituga, os cogumelos, o queixo e por último as noces. Metémolo ao forno 20 minutos e despois dese tempo estará lista para comer.

27/11/2013

Pros e contras

Nerea Nieto/1ºC
---------------------------------
Ola a todos, agora imos escribir sobre  vantaxes e desvantaxes de diferentes aspectos. A ver que pensades vós?

Sandra Trigo/1ºC
----------------------------------
Cidade ou vila?

Eu penso que  a cidade está moi ben porque tes todo cerca: comercios, tendas, grandes almacéns... En xeral son máis grandes é teñen máis  variedade, pero tamén hai contras como:  ruído,  aire  máis contaminado; a parte de que é raro o día no que non haxa tráfico .
O bo das aldeas é que non hai case ruído e non hai tráfico. Por outro lado case todo ao teu redor é natural, é dicir, hai fincas, hortas e montes cheos de árbores. Tamén é importante lembrar que o feito de que sexan lugares pequenos e con pouca xente fai que se coñeza  todo o mundo que a habita.

Lucía Rodal/1ºC
-----------------------------
Compras tradicionais ou compras on line?

As compras tradicionais permiten  ver, tocar e probar todo antes de comprar, porén nas compras on line só poderás velo porque tocar e probar  non.  Aínda que as compras on line teñen as súas vantaxes, entre elas: máis talles,  non tes tanto extrés coma na tenda, aforras tempo xa que non hai que moverse da  casa para nada e tes infinidade de tendas nun único aparello, o teu ordenador.
  
Mirian Rouco/1ºC     
-----------------------------------------------
Viaxar só ou viaxar en grupo?

Viaxar en grupo  ten algunhas vantaxes. É unha maneira de pasalo ben cos teus amigos, xa que podes facer actividades en conxunto. Se vas a un país que non sabes falar moi ben a lingua, podes apoiarte nos teus compañeiros para que te axuden.
Pero tamén ten desvantaxes:Tes que esperar á xente, se  queres ir a un sitio debes pensar que hai máis persoas que  poidan querer   visitar outros lugares. Por iso é necesario sempre o consenso para que a viaxe sexa perfecta. Necesitas moita organización e coordinación; mentres que unha persoa soa pode decidir algo de repente ou cambiar unha decisión, que xa tiña tomada, porque non lle afectará a ninguén.

Viaxar en coche ou viaxar en bus?

Se viaxas en coche irás moito mais rápido que no autobús pero gastarás máis, tanto en gasolina como no aparcadoiro e contribuirás ao aumento de gases nocivos para o medio ambiente. Tamén che permitirá elixir o itinerario que un crea conveniente sen necesidade de seguir unha ruta xa preestablecida e poderás ir ata o lugar exacto do destino a diferenza das paradas do bus  que ás veces non están no sitio a onde queres chegar.

Laura Varela / 1ºC
----------------------------------------------------
Onde aprender unha lingua estranxeira?

O bo de aprender un idioma na academia é que é máis sinxelo, xa  que se ti vas ao país de orixe, sen saber nada, vaiche parecer que falan nun idioma extraterrestre .
Nunha academia ensinante máis que nada a gramática  porque se ti vas por exemplo a aprender inglés a Londres o que aprenderás será máis que nada expresión oral.
Outro factor positivo  de aprender o idioma no país é conseguir  unha boa  pronuncia  do idioma,  xa que todo o mundo o fala e escoitaralo por todas partes.
Imos cos contras: Se ti aprendes a falar a lingua na academia non te van poder ensinar todo o vocabulario  e quizais no país ao que vaias  si, ademais que na academia só vas falar a lingua estranxeira alí, ao saír xa perdes o contacto con esa lingua.

Jerónimo Pereira , Vera Rodríguez/ 1ºC
-------------------------------------------------
Casa ou piso?

Nós preferimos casa porque tes máis espazo e liberdade ca nun piso. Estás máis illado dos ruídos externos. Podes ter  horta, piscina, árbores e  garaxe propio.
As desvantaxes dunha casa son:  limpar moito, pagar máis pola electricidade, a calefacción, a auga, e IBI.
O mellor dun piso é que  acostuma estar máis  preto do centro e isto posibilita ter todo tipo de comercios e servizos a man.
Non obstante o piso ten menos  intimidade, hai máis ruídos, ás veces os veciños incordian; incluso podes ver os veciños de en fronte.


Anxo Uzal/1ºC
--------------------------------
Can ou peixe?

O can é moi bonito de pequeno, pero cada vez crece máis. Hai que levantarse de mañá para que vaia  facer as súas necesidades no xardín,  témolo  que duchar, secar, darlle de comer, pasealo, levalo ao veterinario, vacinalo contra a rabia e darlle cariño.

Do peixe só te tes que preocupar de cambiarlle a auga cando está moi sucia para que non morra e só lle debes  dar de comer unha vez ao día e é moito máis barato ca o can, pero  non o podes tocar nin podes darlle cariño.