31/01/2014

No tempo libre...

VELA LIXEIRA
Rosalía Martínez / 1º ESO B
--------------------------------------
Levo navegando dende os sete ou oito anos. Primeiro ía nun barco de plástico e bastante vello. Fun mellorando e pasáronme ao equipo de iniciación a regata no que estiven un ano e algo máis. Neste grupo xa ía nun barco mellor pero non era ningunha marabilla. E por fin o ano pasado accedín ao equipo de regatas. Neste equipo navego no meu propio barco que é un optimist de regatas. Teño tres velas: unha para adestrar e as outras para regatas.
Adestro todos os sábados de 10:00 a 14:00 e os domingos de 11:00 a 17:00. Algunhas fins de semana imos ás regatas; á última á que fomos foi na Coruña e a próxima é a Semana do Atlántico, en Vigo. A ela veñen regatistas de toda Europa e somos 200 barcos polo que é moi complicado quedar ben. Ademais de optimist, que é a clase dos máis pequenos, tamén participan regatistas noutros clases diferentes como laser, vaurien ou 420.
Durante todo o ano fanse outras regatas que contan para o ránking galego. Aínda que pareza un deporte sinxelo non o é.

MERGULLO
José Carneiro / 1º ESO B
---------------------------------
Eu practico mergullo dende hai tres anos. O mellor é facelo en sitios profundos e fríos, cun traxe de neopreno de dúas pezas, uns lentes, un tubo de mergullo e unhas aletas.Cando te mergullas ves as algas e o argazo. É mellor ir cando a marea está baixa e se vai o sol.
Quen me ensinou foi o meu tío e acostumo ir con el e co meu curmán.
Este ano merquei uns lentes de mergullo novos, mellores cós que xa tiña, e regaláronme unhas aletas. Non emprego bombona porque ata os dezaseis anos non podo sacar o título para poder levala.

MÚSICA
Jaime Estévez / 1º ESO B
-------------------------------
Como actividade extraescolar, ademais de a baloncesto, vou a Música ao Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na especialidade de saxofón. Gústame moito, aínda que é moi sacrificado, xa que teño que estudar todos os días, facer os traballos de Linguaxe e ir tres veces por semana ás clases. Para acceder a 1º de Grao Elemental tiven que facer unha proba de ditado, lectura... e tamén outra para pasar de Grao Elemental a Grao Medio, no que estou agora.
Tocar o saxo encántame, pero ten algunhas incomodidades como dor no pescozo pola correa que tes que poñer arredor del para suxeitar o saxo, ou dor nos beizos pola posición para soprar pola boquilla.
Alí fixen moi bos amigos, aínda que cada vez que pasamos de curso non nos toca na mesma clase de Linguaxe e é máis difícil volver a falar con eles.
Ademais de tocar na banda do conservatorio, toco na Banda da Agrupación Musical de Belesar. É moi divertido cando imos tocar ás festas pero tamén tocamos en festivais de bandas e en certames.



26/01/2014

Nº 5 da revista "Primeiro Expreso"

Aquí vos deixamos a portada que recolle algúns titulares de noticias publicadas no blog ao longo deste cuadrimestre.


22/01/2014

Propósitos para o novo ano

Miriam Rouco, Jerónimo Pereira, Nerea Nieto e Laura Varela/1ºC
--------------------------------------------------------------------------------

Xa empezou un  novo ano,  dicimos adeus ao 2013 e ola ao 2014 . Este ano, igual ca os pasados,  todos temos algún propósito,  xa que hai que empezar con bo pé.
Son moitas as persoas que  se propoñen  novos  retos. Entre estes propósitos destacan:  novos hábitos alimenticios, deixar de fumar, pórse a dieta, facer máis exercicio, ler máis, mellorar no traballo ou mesmo encontralo,  estudar de maneira constante (...).
Son moitos os negocios que se  aproveitan disto, quere dicir que eles tamén sacan beneficio; destacando os centros dietéticos e os ximnasios. Noutros casos os locais saen perdendo, quizais os máis afectados sexan os estancos, é dicir, locais que venden tabaco.
O propósito de adelgazar, que está agora moi de moda na sociedade, para lucir un “corpo 10” no verán, deixa moitas ganancias. No sector dietético  os produtos máis vendidos son os que dificultan a absorción de graxas, laxantes, diuréticos, suplementos alimenticios… Algúns nutricionistas advirten que non é moi seguro consumir alimentos e suplementos nutricionais deste tipo, xa que o que hai que facer é comer de todo, pero de maneira equilibrada. Tamén os ximnasios sacan beneficio, aumentando, a principios de ano, a clientela; xa que esta acode a estes locais co propósito de conseguir un “corpo escultural”. Como vedes cada persoa ten un propósito distinto, sexa cal sexa intenta cumprilo.

De forma máis persoal, eu propóñome non falar tanto na escola, estudar máis, ler un pouquiño cada día, adelgazar uns cantos quilos, tamén creo que todos tiñamos que ser máis solidarios.
Eu penso que unha gran cantidade de persoas consígueo, todo é cuestión de vontade, esforzo e  de tomalo moi en serio.

08/01/2014

A miña froita favorita

Miriam Rouco/1ºC
---------------------------------------
Todas as froitas son moi importantes para levar unha dieta equilibrada, conteñen moitas vitaminas, minerais, antioxidantes e fibra. Na miña casa somos ''grandes consumidores de froita'', encántannos!
En todas as estacións hai distintos tipos de froita, pero quizais sexan as mazás, plátanos e laranxas as que podemos atopar nos mercados durante todo o ano, aínda que moitas destas soborosas froitas se producen no noso país, unha parte importante son importadas quere dicir que se cultivan noutros países.

A miña froita favorita é  tropical, a piña, seguramente se che digo que o seu nome científico é Ananas comosus non a coñeces. É moi rica en vitaminas e antioxidantes, e a maior parte dela cultívase en Brasil , Bolivia e Paraguai, lamentablemente esta froita non se pode comer todo o ano, ben si, pero a mellor época para desgustala e o verán, aínda que no nadal tamén é unha sobremesa típica.

Lucía Rodal/1ºC
---------------------------------------
A froita é boa para a nosa saúde, moita xente non a come, pero hai que comela. As froitas do outono son as laranxas, mandarinas, peras, mazás, plátanos e as uvas.
Hai que comer polo menos 5 pezas de froita ao día. En verán cómese máis porque apetece coa calor, é mais refrescante ca outro alimento e está moi boa. A min gústame o mango, dá igual que sexa inverno ou verán, cómoa  igual. Ten unha cor alaranxada. A súa polpa ten parte das vitaminas a e c, é rica en magnesio. Cúltivase en países de clima tropical como Brasil e a India. A súa árbore pode case chegar aos 30 m, é parecido a un cocotero.

Laura Varela/1ºC
------------------------------------------
Gústanme case todas as froitas,  pero se me falas de froita favorita a miña preferida é o plátano . Na miña casa comemos moita froita, sempre está o froiteiro cheo. No verán sempre está ateigado  de cereixas que  son as mellores e saborosas. Na primavera sempre hai amorodos,  pero a verdade é que non me gustan nada. No inverno as mandarinas que tamén nos encantan. E non podo  esquecer o outono, nesta estación disfruto  dunha que non todos a consideran froita, pero... as castañas mmmmm! Xa vedes que me gusta a froita, sempre a como pola mañá e despois de comer e ás veces a merenda e que non se me  esqueza o zume   de laranxa pola mañá.

Nerea Nieto/1ºC
-------------------------------------------
Se che digo a verdade,cando me falan da froita eu penso que é moi sa comela.  A min gústame moito a piña natural porque é moi fresquiña e ten moita auga. Esta froita é moi típica en Canarias, pero normalmente na miña casa hai melocotóns, peladillos, melón,  sandía, cereixas,  uvas e amorodos,  en verán. No inverno a variedade é menor.
Eu como moita froita. Na merenda case sempre tomo un bocadillo e despois unha peza de froita. No verán sempre como dúas pezas como por exemplo a sandía e o melón; non obstante no inverno,  só como unha peza de froita como por exemplo a mazá.