Rubén Darío Franco / 1º ESO B
---------------------------------

As necesidades máis urxentes son reducir enfermidades coma o
cólera, solucionar o problema dos desprazados e construír escolas e
infraestruturas de saneamento.
A promesa de doar centos de millóns de dólares para axudar a saír adiante a este país quedou, en moitos casos, nunha declaración de intencións por parte da comunidade internacional.
Miles de refuxiados seguen vivindo en campamentos improvisados, faltan moitas das escolas destruídas polo terremoto e os enfermos teñen que ser asistidos en hospitais prefabricados.
Este é un exemplo máis de esquecemento unha vez que os focos e as cámaras se apagan. Por iso diferentes ONG fan un chamamento para que os cidadáns non se esquezan do drama do país máis pobre do hemisferio norte.