-----------------------------------------
Estivemos máis de dúas semanas ensaiando nos recreos e tocamos a Muiñeira de Poio, a Rianxeira, a Saia de Carolina, Ven bailar Carmiña Carmela e o máis importante para nós, o Vals para Alba.
Cando tocamos diante dos rapaces e profes de todo o colexio puxémonos moi nerviosos, pero gustounos moito a experiencia. Ademais mentres tocabamos, un grupo de baile galego tamén actuou.
Moisés: "Quixen aprender a tocar a gaita en honor ao meu bisavó. Levoume dous anos aprender a tocar co pito para poder tocar a gaita e agora xa levo catro anos de ensaios".
Moisés: "Quixen aprender a tocar a gaita en honor ao meu bisavó. Levoume dous anos aprender a tocar co pito para poder tocar a gaita e agora xa levo catro anos de ensaios".
Andrea: "Comecei a tocar a gaita animada por Moisés. Ao principio non me gustou pero agora podo dicir que me encanta. O máis difícil para min é encher o fol de aire porque hai que soprar moito".
O seu profesor, Xaime Estévez, púxolle de nome ao grupo Os Novos Galiños de Belesar porque xa houbo outro grupo que se chamaba Os Galiños de Belesar e o seu fundador fora o bisavó de Moisés.