Ana Rocha/ 1º ESO C
--------------------------
Descubrimos que Pepa, a nosa profesora de Educación Física, toca a gaita. Quixemos facerlle esta entrevista porque nos sorprendeu moito que a ela lle interesara tanto a música. Soubémolo porque no blogue Primeiro Expreso aparecía unha foto dela tocando a gaita nun acto que se celebrou no colexio con motivo do Día das Letras Galegas. Aquí está o cuestionario ao que nos respondeu.
PREGUNTA: De onde vén o teu interese pola música?
RESPOSTA: A miña curiosidade débese a que algúns parentes tamén tocan algún instrumento.
P.: Onde aprendiches a tocar a gaita?
R.: Aprendín a tocar a gaita el Ferrol.
P.: Tocas nalgún grupo?
R.: Non toco en ningún grupo.
P.: Tocaches algunha vez no colexio ?
R.: Si, toquei moitas veces en actos que se facían neste centro.
P.: Pódesnos explicar un pouco como é iso de tocar a gaita? É fácil ou difícil?
R.: Primeiro tes que aprender moi ben a tocar a frauta varios anos para coller soltura. É un pouco fácil e un pouco difícil.
P.: Porque escolliches este instrumento ?
R.: Porque teño familiares que tocan a gaita e pegáronmo.
P.: Algunha vez os teus alumnos preguntáronche polo teu interese sobre a música?
R.: A verdade é que non.
P.: Atreveríaste algunha vez a tocarnos algunha peciña?
R.: Si por suposto.
11/11/2015
04/11/2015
Coñecendo a biblioteca
Mario Durán / 1º ESO C
-------------------------------------

-------------------------------------

O día 8 de outubro os alumnos de 1º da ESO fomos á biblioteca municipal coas profesoras de Lingua Galega.
Cristina, a bibliotecaria, explicounos como funcionaba esa biblioteca e animounos a facer o carné, aos que aínda non o teñan, pois é necesario ter un número de usuario para buscar un libro empregando o ordenador. A búsqueda faise por título ou nome do autor/a.
Para facer o carné necesitamos unha foto nosa actual e ir cos nosos pais para asinar un papel, xa que somos menores de 16 anos.
Na biblioteca hai unha sala específica para infantil e xuvenil con libros de todas as temáticias: aventura, historia, terror... Tamén hai cómics e películas.
Podes coller prestados da biblioteca dous libros e unha película, ou tres libros. Os libros podes telos 15 días na casa e as películas 3 días.
18/10/2015
1º ESO C: para que nos coñezas máis.
Vera Bernárdez / 1º ESO C
-----------------------------------------
-----------------------------------------
Este curso para nós comezou a LOMCE e tivemos que escoller unha materia optativa. E aquí estamos, estreando o Obradoiro de Expresión Escrita en Lingua Galega.
Somos un grupo de cinco rapaces que este curso nos encargaremos do blog "Primeiro Expreso". A todos nos gusta facer cousas no noso tempo libre.
A un gústalle moito o taekwondo e practícao dende 1º de Primaria porque cando entrou no colexio viuno no folleto de actividades extraescolares. Foi probalo e engancharse a esa actividade.
A outr@ encántalle xogar ao fútbol e lévao facendo dende os tres anos. Está no Erizana, que é o equipo de Baiona. Gústalle porque vai cos amigos e descarga moita adrenalina.
A outr@ tamén lle gusta o fútbol e practícao dende os tres anos, porque de pequen@ ía ver ao seu irmán adestrar e xogar partidos.
A outr@ gústalle correr, e faino dende sempre pero tamén sabe xogar moi ben ao balonmán. Ademais tamén le moito, sobre todo relatos de aventuras.
E a outr@ gústalle facer vela e está nun equipo de regatas co que gañou o campionato galego. Practica vela dende os oito anos e cando entrou no equipo gustoulle moito que o agasallaran cunha camiseta e un suadoiro do club. Faino porque se sente libre e encántalle o mar.
14/06/2015
Esculturas de area na praia
Carlos Vilas / 1º ESO A
------------------------------
------------------------------
O 29 de maio fixemos un traballo coa profesora de Plástica que consistía en facer unha escultura de area en 3 dimensións.
Primeiro tivemos que facer un bocexo en grupo. Eu formaba grupo con Olga, Aldara e Judy.
O proxecto realizámolo na praia da Ribeira, ata a que fomos andando. Nada máis chegar, a profesora deunos os datos necesarios para facer o traballo como por exemplo dicirnos canto tempo tiñamos para facelo. Cando iamos pola metade do traballo encontrámonos co problema de que a marea subía. Tivemos que facer unha especie de muralla que rodeara a nosa escultura e grazas a iso, e a un pouco de sorte, conseguimos terminala. De feito fixemos máis: un xeado de cono, un xeado de tarro e dúas caras sorrindo.
A min a actividade gustoume moito xa que puiden traballar en equipo e ademais na praia.
31/05/2015
Animais raros e tamén favoritos
Alumnado 1º ESO A e B
No Día das Letras
Germán González Pereiro /1º ESO A
----------------------------------------
Para celebrar o Día das Letras Galegas fixéronse no colexio certas actividades: actuaron os rapaces do coro da ESO, en primaria fixeron maios, nós na aula traballamos coa palabra máis fermosa, que consiste en que cada alumno escolla unha palabra e xustifique a súa elección.
----------------------------------------
Para celebrar o Día das Letras Galegas fixéronse no colexio certas actividades: actuaron os rapaces do coro da ESO, en primaria fixeron maios, nós na aula traballamos coa palabra máis fermosa, que consiste en que cada alumno escolla unha palabra e xustifique a súa elección.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día coma ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento ou renacemento cultural do galego.
O Día das Letras celébrase dende 1963 e naquela ocasión adicóuselle a Rosalía de Castro. Este ano o homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Hai que ter en conta que se esixen uns criterios mínimos para escoller o autor, como que polo menos transcorreran dez anos dende o seu falecemento. Quen decide o homenaxeado é a Real Academia Galega.
Outro escritor que me resultou a min coñecido foi Eduardo Pondal, homenaxeado
en 1965. Coñézoo porque teño lidos poemas seus.
10/05/2015
O cubo de Rubik
Pablo Vázquez / 1º ESO B
---------------------------------
---------------------------------
Este cubo de seis caras tamén é coñecido como o cubo máxico. Consiste en pór cada unha das súas caras dunha soa cor. As cores que o forman son vermello, azul, branco, amarelo, laranxa e verde.
O seu creador é o húngaro Ernô Rubik, de aí o nome do xogo.
Foi nomeado o xoguete do ano en 1980 e dende que se creou vendéronse máis de 350 millóns de exemplares. Iso si, da marca orixinal, posto que hai moitísimas imitacións.
Hai moitas variantes deste cubo: de 3x3, de 4x4, de 5x5, 6x6, 7x7, 8x8 e de 9x9. Mesmo doutras formas que non sexan cubo.
O récord mundial para facelo está en 5.25 segundos; o meu é de 47 segundos. Aprendín a facelo coa axuda do meu irmán. Aínda que non me sei os pasos de memoria, pero hai veces
parecen repetidos.
A Arribada este ano
Sara Aldegunde / 1º ESO B
--------------------------------------
A festa da Arribada celébrase en marzo. Non todos os anos é o mesmo día, este por exemplo cadrou os días 7 e 8.
--------------------------------------
A festa da Arribada celébrase en marzo. Non todos os anos é o mesmo día, este por exemplo cadrou os días 7 e 8.
Celébrase dende hai moitos anos e conmemora a chegada da carabela Pinta ao porto de Baiona coa noticia do descubrimiento de América.
Na Arribada hai postos de comida típica e véndese artesanía. Pola tarde soe haber pasarrúas, músicos, xograres e xogos para os nenos, coma o rocódromo, tiro con arco e cervatana ou colchoneta. Os dous xogos que máis destaron este ano foron o rapel e a tirolina de 82 metros na que eu subín. Tamén había carro tirado por ponis e dromedarios. Pola tarde fun ver a representación de cando Pinzón chegou a Baiona.
Outras festa históricas deste tipo que se celebran en Galicia son a Feira Franca de Pontevedra, a da Reconquista en Vigo ou a Festa da Istoria de Ribadavia.
Obradoiro de Matemáticas
Laura Diego / 1º ESO B
--------------------------------
As tarefas eran moi entretidas e divertidas, case todas eran de lóxica, de pensar. A min a actividade que máis me gustou foi a dos tangrans aínda que algunhas figuras custoume un pouco conseguilas, pero ao final, coa axuda da monitora, logreino.
--------------------------------
O día 4 de marzo fomos todos os alumnos de 1º A e B a un Obradoiro de Matemáticas que se fixo en Vigo. Acompañáronnos as profesoras Andrea Piñeiro e Cristina Conde.
Para chegar ata alí tivemos que subir nun ascensor enorme onde cabían nunha soa vez 25 dos 50 alumnos que iamos. A min deume un pouco de non sei que, eagobieime un pouco.
Unha vez na sala onde se faría a actividade, deunos a benvida o director do taller. Despois repartímonos en grupos e cada un deles foi facendo as actividades de cada apartado.
As tarefas eran moi entretidas e divertidas, case todas eran de lóxica, de pensar. A min a actividade que máis me gustou foi a dos tangrans aínda que algunhas figuras custoume un pouco conseguilas, pero ao final, coa axuda da monitora, logreino.
Só tivemos tempo de ir a 5 obradoiros xa que tiñamos que irnos para chegar a tempo ao colexio.
Cando xa estabamos preparados para marchar, unha das monitoras deunos uns agasallos. Despois subimos ao autobús e emprendemos a viaxe de volta ao cole.
A min esta excursión gustoume moito porque, aínda que non me gustan moito as matemáticas, paseimo moi ben e aprendín moitas máis cousas delas e ata me paracen algo máis divertidas.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

