--------------------------------------
En Galicia hai bastantes cabalos salvaxes. Soen estar nos montes, cerca das vilas e aldeas. Na zona de Baiona abundan en Mougás, Oia, Torroña, A Groba e Pinzas.
É moi difícil saber o número exacto de cabalos salvaxes que hai nos arredores porque cada ano nacen máis e máis, pero crese que haberá uns 1.500 na comarca. Aliméntanse de herba, toxos, e outros vexetais que nacen nos montes nos que viven. Deste xeito limpan os montes e son beneficiosos para previr os incendios forestais.

Todos os anos realízase a rapa das bestas para cortarlles as crinas e o rabo, desparasitalos e marcalos cuns ferros quentes que teñen unhas formas determinadas para identificar o seu dono. Algúns debuxos destes ferros están baseados en petroglifos que hai nos penedos destes montes.
Os curros máis famosos son o de Mougás e o de Torroña e celébranse cada ano no mes de xuño.

Gustoume moito o teu artigo;)
ResponderEliminarEsta MOi Ben Feito Gustoume Moito Porque Ten Moita Informacion Sobre Os Cabalos
ResponderEliminaresta moi ben,oxala poidera saber tanto de cabalos coma ti.
ResponderEliminarSi esta moi ben,jajaja pero non solo vamos montados nas burras,tamen falamos de cabalos (burros) xa que non adoitan ser de razas puras senon que son mestizos (cruces de diferentes razas)xa que adoitan ser os mais resistentes e os mellores pra andar polo monte.
ResponderEliminar