----------------------------------------
A Arribada celébrase con motivo da chegada de Martín Pinzón á vila de Baiona o 1 de marzo de 1493 tras o descubrimento de América.A data de dita festa varía cada ano preo sempre coincide coa primeira fin de semana do mes de marzo.
Esta festa está catalogada como de interés turístico nacional e acolle cada ano a uns 30.000 visitantes, cifra que aumenta en cada nova edición.
A vila de Baiona engalánase cun ambiente medieval: a xente viste de época, das paredes e farolas penduran estandartes, nas rúas amoréanse carros e postos de produtos artesanais...
Durante esa fin de semana a xente recorre as rúas vendo os postos, tomando bocadillos, empanada e larpeiradas. Tamén hai espectáculos de cetrería, tiro con arco, obradoiros de oficios tradicionais e na praia represéntase unha obra de teatro baseada na chegada de Pinzón. Ademais este ano os afectados polo problema dos bancos coas Preferentes manifestáronse o primeiro día da festa para pedir solucións.
O que máis nos gusta da Arribada é o espectáculo de cetrería e que as persoas vendan as cousas que eles mesmos fan. O que menos nos gusta é que hai moitísima xente, moita en non moi boas condicións, e iso non cadra ben nunha festa tan bonita.
Sem comentários:
Enviar um comentário