---------------------------------------------
A volta ciclista a España xurdiu no ano 1935. Nos seus comezos só tiña 14 etapas, na actualidade é unha competición ciclista anual de 21 etapas que se desenvolve polas estradas de España, en verán. Ao longo da súa historia son moitos e de distintas nacionalidades os gañadores desta competición, entre eles destacamos: Alberto Contador , Vicenzo Nibali , Samuel Sánchez , Alejandro Valverde , Roberto Heras, Tony Rominguer…
Nesta competición, os gañadores recoñécense polas súas camisetas:
-Vermella: líder de clasificación xeral por tempos.
-Puntos azuis: líder da clasificación de montaña.
-Verde: vestida polo líder de clasificación de puntos.
-Branca: vestida polo líder de clasificación combinada.
-Amarela: vestida polo líder da clasificación da xeral.

Pero, aínda faltaban as vermellas, ata que ... por fin entrou a segunda etapa en Baiona.
Subiron a toda velocidade cara ao Monte da Groba. Diante de nós pincharon unha roda e en décimas de segundos cambiárona. Non había tempo que perder.
Os ciclistas avanzaban costa arriba animados pola xente e así, no medio dunha grande espectación, foron cruzando a meta, o primeiro clasificado foi Nibali.