-----------------------------------------------------
O día 19 de xuño, os alumnos de 6º dos centros CPI Covaterreña e CEIP de Belesar fomos de excursión a Manzaneda.
Cando chegamos ao noso destino, Manzaneda, o primeiro que fixemos foi ir ós dormitorios deixar as maletas. Despois baixamos facer as actividades: uns béisbol e outros escalada. Ía moitísimo frío e estaba comezando a chover así que o grupo de escalada non a puido facer e foron a unha sala a practicar nós mentres que os de béisbol estaban no pavillón a xogar. Cando rematamos, ceamos e logo preparámonos para a discoteca, onde o pasamos moi ben.
Ao día seguinte fixemos moitas actividades. Montamos a cabalo e o instrutor mandounos dar voltas e poñernos de pé no cabalo. Nos karts demos voltas a unha pista e algúns chocaron contra o monitor e contra as rodas que facían de parede.
Chegou o último día e todos estabamos tristes porque non queriamos marchar. Pola mañá fixemos sendeirismo. Despois de xantar o autobús xa estaba preparado, pero antes fomos á tenda de agasallos e mercamos moitas cousas. Tamén fixemos varias paradas: unha para mercar bicas e outra na Cañiza, onde comemos uns bocatas de xamón que estaban boísimos.
Sem comentários:
Enviar um comentário