Javier Español / 1º ESO A
----------------------------
As pulseiras de gomas elásticas foron creadas no ano 2010 en EE.UU. pero chegaron a España no ano 2013.
O inventor foi un enxeñeiro que as facía para as súas fillas.
Para tecelas utilízanse unhas gomiñas que se poden comprar nos quioscos por un euro pero a xente prefire compralas nas tendas dos chineses xa que hai máis variedade e ademais é máis económico.
Estas pulseiras fanse cruzando gomas coa axuda dunha pinza ou dun garfo e cando chegas ao final tes que pórlle un pequeno gancho e unilo co comezo.
Eu aprendín a facelas a través de YouTube e tardo en rematalas 5 minutos aproximadamente. Hai xente que fai algunhas máis largas e incluso figuras, osos, flores...
Eu teño dúas: unha é azul claro e branco, que son as cores do meu equipo preferido, o Celta; e outra é negra e branca. Non acostumo levalas xa que para adestrar sácoas e logo esquézome de poñelas de novo.
Sem comentários:
Enviar um comentário