----------------------------------
Non todas as casas son iguais, hai partes do mundo nas que son diferentes ao que estamos acostumados a ver.
No lugar onde vivo, as casas pódese dicir que son normais. Hainas máis grandes, máis pequenas, máis altas, máis baixas... Non son todas da mesma cor: unhas son brancas, outras amarelas, laranxas, grises... e algunhas son de pedra. Hai algunha que outra casa abandonada, e algunhas están reformadas aínda que levan moitísimos anos feitas (incluso séculos e tamén varias xeracións).
Para min unha casa ''ideal'' sería unha que tivera dormitorios grandes, con ventás tamén grandes, unha cociña mediana, un baño con bastante luz, un salón amplo e con boa iluminación, cunha TV grande e cun pequeno xardín.
Noutras partes do mundo hai iglús, que son unhas vivendas feitas de xeo e neve. Adoitan ter forma de semicírculo e éntrase por unha especie de túnel. A súa estancia principal é de 3m de altura e 5m aproximadamente de diámetro. Non son moi grandes, pero non están mal, o malo é o frío.
Unhas casas algo curiosas son as casas tradicionais de Islandia; os tellados son de céspede e as súas paredes ou muros poden ser de palla. É moi probable que se ves estas casas dende o aire, as confundas cunha bonita paisaxe e parecen saídas dun conto.
En Turquía, na rexión da Capadocia, hai cidades milenarias subterráneas. Teñen 1400 anos de antigüidade e foron construídas e ampliadas durante varios anos por cristiáns que escapaban da persecución sufrida nesas terras e, grazas a túneles de ventilación ben disimulados, podían albergar a centos de persoas e animais durante varias semanas. Hoxe en día é un atractivo turístico é, por máis sorprendente que pareza, varios dos seus túneles continúan sendo utilizados como depósitos.
Susi alegrome de que a profesora escollera a tua redacción, está moi ben feita.Felicidades
ResponderEliminar