--------------------------------
O pasado día 11 de novembro no CPI Covaterreña celebramos o magosto, unha festa na que xeralmente se comen castañas asadas, pero nós, para darlle máis diversión, tamén fixemos algúns xogos populares e un concurso de doces de outono.
A festa comezou ás 12.20 da mañá aínda que os que participaron no concurso “Cova Chef” tiveron que baixar antes, a colocar nas mesas do pavillón do cole os biscoitos, tortas, bombóns e demais larpeiradas.
Cada clase tiña asignado un xogo para explicalo aos nenos que querían xogar a el. Había a corda, a pita cega e moitos máis.
O concurso de cociña “Cova Chef” gañouno Judy Rodríguez, unha alumna de 1º A que fixo unha torta de chocolate, kit kat e arandos. Eu non a probei pero se gañou supoño que estaría boa. Había moitas máis sobremesas, tamén cunha pinta boísima como uns bombóns de castañas cubertos de chocolate, ou unha torta de castañas con noces e chocolate.
O que sempre ten que haber nun magosto son as castañas asadas, que non faltaron e se ías ao pavillón xa chas daban.
Eu paseino moi ben no meu primeiro magosto neste colexio, xa que estiven todo o tempo cos meus amigos e a festa durou bastante.
Sem comentários:
Enviar um comentário