---------------------------------
A idea de facer unha depuradora caseira xurdiu do noso libro de Ciencias Naturais. A nosa profe Natalia decidiu facelo a modo de exemplo, por se o queriamos facer na casa.
Para facer este experimento precisabamos tres botellas de plástico, carbón activo, area, algodón, tesoiras, dous recipientes limpos, auga e unha varilla.
Primeiro collemos as tesoiras e recortamos as botellas pola metade e despois fixemos buracos no tapón da botella.
Para a súa montaxe, primeiro poñemos un dos recipientes, logo unha parte da botella cun pouco de algodón dentro, colocamos outra media botella encima da que xa tiñamos e metémoslle area dentro. A continuación poñemos a outra parte da botella enriba da que xa tiñamos e engadimos carbón activo.
Finalmente botamos na primeira botella auga que ensuciamos con cinzas, papeis e outros residuos. Segundo vai pasando a auga, vaise descontaminando porque toda a sucidade se queda no carbón activo, na area e no algodón.
Este experimento serve para depurar a auga pero que a auga estea depurada non é o mesmo ca que estea potabilizada, é dicir, non se pode beber aínda que si podes utilizala para regar ou lavar.
Sem comentários:
Enviar um comentário