Ana Quintas / 1º ESO A
-------------------------
13/06/2013
Obradoiro de Matemáticas e Ligamats
Pablo Varela e Sergio Álvarez / 1º ESO B
----------------------------------------------
O alumnado de 1º de ESO fomos a Vigo a un obradoiro de matemáticas no que había un montón de actividades: facer debuxos con espellos, xogos de habilidade mental, unha especie de xogo de Tetrix, resolver operacións con calculadora, xogos de estatística, resolver problemas de lóxica e, a máis difícil, un xogo de tangram.
----------------------------------------------
O alumnado de 1º de ESO fomos a Vigo a un obradoiro de matemáticas no que había un montón de actividades: facer debuxos con espellos, xogos de habilidade mental, unha especie de xogo de Tetrix, resolver operacións con calculadora, xogos de estatística, resolver problemas de lóxica e, a máis difícil, un xogo de tangram.
Ademais da excursión de pola mañá, algúns alumnos foron á Fundación Barrié de la Maza para participar no concurso de Ligamats. As probas foron bastante difíciles.
O equipo de 1º ciclo da ESO estaba formado por Lurdes de 1ºA, Ismael e Noelia de 2º e eu (Sergio de 1º B).
Había catro actividades e unha hora para facelas. Tres delas eran quebracabezas como Tangram, Hexamantes e Pentacubos, ademais dunha adiviña complexa na que nos daban pistas sobre tres persoas e tiñamos que adiviñar de que traballaban, que deporte practicaban... As actividades eran bastante difíciles pero conseguimos pasar á seguinte fase. De sete grupos, só pasaron tres.
A final pareceume moito máis fácil que a primeira fase. Eu terminei o Tangram e un problema en pouco tempo, e os compañeiros terminaron rápido as outras fichas. A profesora incluso se sorprendeu da velocidade con que o fixeramos.
Qudedamos de terceiros e regaláronnos un libro e quebracabezas do estilo do Tangram.
Foi unha actividade divertida e disfrutei moito con ela. O próximo ano imos ir a polo primeiro posto!
30/05/2013
Foliada no CPI Covaterreña para celebrar o Día das Letras
Moisés Alonso e Andrea Pérez / 1º ESO A
-----------------------------------------
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o 16 de maio tocamos a gaita con Mauro, outro compañeiro do colexio, e Pepa, a profesora de Educación Física.
-----------------------------------------
Estivemos máis de dúas semanas ensaiando nos recreos e tocamos a Muiñeira de Poio, a Rianxeira, a Saia de Carolina, Ven bailar Carmiña Carmela e o máis importante para nós, o Vals para Alba.
Cando tocamos diante dos rapaces e profes de todo o colexio puxémonos moi nerviosos, pero gustounos moito a experiencia. Ademais mentres tocabamos, un grupo de baile galego tamén actuou.
Moisés: "Quixen aprender a tocar a gaita en honor ao meu bisavó. Levoume dous anos aprender a tocar co pito para poder tocar a gaita e agora xa levo catro anos de ensaios".
Moisés: "Quixen aprender a tocar a gaita en honor ao meu bisavó. Levoume dous anos aprender a tocar co pito para poder tocar a gaita e agora xa levo catro anos de ensaios".
Andrea: "Comecei a tocar a gaita animada por Moisés. Ao principio non me gustou pero agora podo dicir que me encanta. O máis difícil para min é encher o fol de aire porque hai que soprar moito".
O seu profesor, Xaime Estévez, púxolle de nome ao grupo Os Novos Galiños de Belesar porque xa houbo outro grupo que se chamaba Os Galiños de Belesar e o seu fundador fora o bisavó de Moisés.
24/05/2013
Roberto Vidal Bolaño no Día das Letras Galegas
Zaira Fernández e Sabela Gallego / 1º ESO B
---------------------------------------------
Este ano nas Letras Galegas homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño, autor, director e actor de teatro galego nacido o 31 de agosto do ano 1950 en Santiago de Compostela e falecido no 2002.
Formou parte do "Grupo Abrente" que, a partir dos anos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios coma o "Abrente" ou "O Facho", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu ata os anos noventa, coa obtención de premios galegos e portugueses.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.
Algunhas das súas obras máis destacadas son: Días sen gloria, As actas escuras ou Saxo tenor.
Se queres máis información sobre a súa figura recomendámosche
11/05/2013
Visita aos petroglifos e ao encoro de Baíña
José Carneiro e Álvaro Moreira / 1º ESO A
-------------------------------------------
O pasado 24 de abril o alumnado de 1º de ESO fixemos unha visita aos petroglifos e ao encoro de Baíña acompañados polos profesores de Ciencias Sociais Emilio, Loreto e Andrés.
-------------------------------------------
Primeiro fomos á planta potabilizadora e ao encoro de Baíña. Un dos seus traballadores explicounos como se potabilizaba a auga e vimos onde se acumula. A presa é xigante e como estaba ao 100% da súa capacidade tiña aberta unha pequena fervenza para baleirala un pouco.
Despois, aproveitando que en 1º estamos a estudar a Prehistoria, achegámonos ata os petroglifos do Lameiro. Os petroglifos son gravados prehistóricos que se facían calcando sucos en grandes pedras dando un efecto de relevo e movemento, representando a caza e a humanidade.
O que máis nos gustou foi debuxar os petroglifos co resto dos compañeiros do grupo, aínda que á media mañá non é cando mellor se aprecian, pois esa luz non é a máis axeitada para contemplalos en todo o seu esplendor.
26/04/2013
Os animais de area de Theo Jansen
Andrea Pérez Fernández e Betty López Simoes / 1º ESO A
-------------------------------------------------------
Theo Jansen crea esculturas móbiles que lembran os animais prehistóricos.
Nas praias de Holanda este escultor pon a camiñar as súas fascinantes obras. A forza do vento fai que se movan, de aí o nome de arte cinética.
Para fabricar estes enormes seres utiliza tubos e botellas de plástico que pesan pouco. Os "animais de area", que é como el os chama, poden camiñar pola praia evitando os obstáculos e a agua.
Ademais, teñen unhas pezas que actúan como áncoras que se agarran á area e impiden que a figura sexa arrastrada por un forte refacho.
Inspirado na teoría de Darwin da evolución, Theo Jansen vai mellorarando os seus animais por ensaio e erro. O seu obxectivo final é que as esculturas poidan sobrevivir sen a axuda do seu creador.
A nós gústannos as obras deste gran artista porque poden valerse por si mesmas, son moi orixinais e tamén porque semellan animais prehistóricos e ese tema resúltanos interesante.
17/04/2013
Actividade coa Cruz Vermella
Verónica Lago e Sergio Álvarez / 1º ESO A-B
-------------------------------------------------------
Os días 21 e 22 de marzo no CPI Covaterreña houbo unha actividade cuns voluntarios da Cruz Vermella. Faláronnos da autoestima, a comunicación, os Dereitos Humanos, a violencia de xénero e o bullying entre outros. Na actividade participou 1º de ESO.
O primeiro día as actividades serviron para traballar o tema da autoestima e a comunicación. Nunha delas cinco alumnos saíron da clase e foron entrando un por un. Tiñamos que pedirlles o que quixeramos, coma bailar, cantar, actuar...
Tamén nos mandaron facer unha cadea de alumnos que formaba un círculo pechado. Despois 5 ou 6 voluntarios quixeron entrar no círculo pero só un fixo o de xeito correcto: pedindo por favor. En cambio o resto empregaba a forza bruta para entrar danándose el e danando ao resto de alumnos. Iso é un reflexo do mundo actual xa que non respectamos á xente e só pensamos en nós mesmos.
Outra actividade foi imaxinar que todos estabamos nun barco; a continuación a cada un déronnos un papel que tiña escrito un oficio ou forma de ser. O barco levaba sobrepeso e había que tirar cinco persoas. Tiñamos que decidir a cales tirar, pero era imposible dado que tiñamos que aplicar os dereitos humanos.
Outra actividade foi imaxinar que todos estabamos nun barco; a continuación a cada un déronnos un papel que tiña escrito un oficio ou forma de ser. O barco levaba sobrepeso e había que tirar cinco persoas. Tiñamos que decidir a cales tirar, pero era imposible dado que tiñamos que aplicar os dereitos humanos.
O segundo día faláronnos dos maltratos e o bullying. Un xogo moi interesante que fixemos foi poñer unha pelota no centro da clase e imaxinar que era unha laranxa. Depois puxeron dúas cadeiras arredor da pelota. Dous alumnos sentáronse nelas e déronlles dous papeis, pero non os leron en voz alta. Os dous alumnos comezaron a pelexar pola pelota/laranxa e todos quedamos abraiados ata que lemos os papeis. Un dicía que, para salvar ao seu pai, necesitaba toda a casca da laranxa, pois era o antídoto. O outro papel dicía que o antídoto para salvar ao seu pai estaba na polpa da laranxa.
Aí entendemos porque pelexaban. Impresionámonos ao ver que por falta de comunicación entre as dúas persoas estaban a pelexar, cando os dous podían conseguir o seu propósito.
Aprendemos que todo o mundo ten dereitos, como por exemplo o dereito á vida, ou a ter unha casa e un fogar.
Gustounos moito este obradoiro, divertimos e pasámolo xenial cos compañeiros.
10/04/2013
O meu é...
A VELA
Javier Fdez Santodomingo / 1º ESO A--------------------------------------
Vou á Escola de Vela dende hai tres anos. Alí estamos máis de cincuenta nenos e nenas. Ao principio practicas cun optimis, que é un barco moi pequeno, pero a medida que vas collendo máis experiencia vas probando outros barcos máis grandes coma o cadete, o 420, o láser...
Ás veces é un pouco aburrido porque hai alerta meteorolóxica, pero os días con sol e vento son os mellores. O malo é que só adestro un día á semana, de catro a seis e media da tarde.
A MÚSICA
Raquel Domínguez / 1º ESO A-----------------------------
Eu toco a frauta traveseira na Banda de Música de Belesar dende hai máis de 5 anos. Este instrumento é moi complicado pero ensaio dous días por semana para facelo o mellor posible.
Toco nas dúas bandas: a xuvenil e a maior. Na maior hai máis nivel e máis instrumentos, pero a xuvenil serve para motivar os músicos que acaban de empezar, para aprender e así algún día poder entrar na Banda Maior. Para formar parte desta, os músicos teñen que pasar unha proba para demostrar que están preparados. Eu este ano xa estou nela.
A distribución dos músicos e instrumentos é a seguinte: na primeira fileira están situados os óboes e as frautas, detrás están os saxos, logo os violoncellos, a tuba, o bombardino, as trompas e as trompetas, e máis aló están os instrumentos de percusión.
Betty López Simoes e Ana Quintas Abia / 1º ESO A
-----------------------------------------------
Imos á Escola Municipal de Música de Baiona dende hai catro ou cinco anos. Alí aprendemos solfexo, e a tocar a batería, o xilófono, o violín e a guitarra.
Imos á Escola Municipal de Música de Baiona dende hai catro ou cinco anos. Alí aprendemos solfexo, e a tocar a batería, o xilófono, o violín e a guitarra.
Como na maioría de centros de ensinanza, a temporada de clases comeza en setembro e remata en xuño. Esta escola está na Praza da Pedro de Castro, no edificio no que antes estaba a Casa do Concello, porque o lugar no que estaba antes estano reformando.
Hai clases de piano, percusión, violín, guitarra, saxofón, trompeta, frauta traveseira, clarinete...
Tamén ensinan linguaxe musical e música e movemento para os máis pequenos.
Hai clases de piano, percusión, violín, guitarra, saxofón, trompeta, frauta traveseira, clarinete...
Tamén ensinan linguaxe musical e música e movemento para os máis pequenos.
A FOTOGRAFÍA
Guillermo Naharro / 1º ESO B
-------------------------------
Eu sei algunhas cousas sobre fotografía. A maioría aprendinas do meu pai e dun curso de fotografía chamado "Trípode". Aprender fotografía é complexo, posto que hai que fixarse na luz, no encadre... Tamén hai varios modos de disparo: automático, o máis usado; paisaxe, para paisaxes e obxectos fixos; retrato, úsase para fotografar as persoas; semiautomático, para axustar o tempo de apertura e o diafragma; e o disparo manual, que se usa axustando todos os controis.
O BAILE
Moisés Alonso / 1º ESO A----------------------------
Eu estou aprendendo baile moderno. Ademais de pasalo moi ben, fago exercicio sen darme conta. Bailamos cancións de todo tipo, pero sobre todo as que teñen marcha.
Vou á escola de baile “Galicia en danza” e só neste último ano gañaron 60 primeiros! A escola está aberta a todo o público maior de 3 anos e ensinan predanza e preballet para os pequenos, moderno, clásico, contemporáneo e hip hop .
O FÚTBOL
Juan Luís Jesús / 1º ESO A---------------------------
Eu xogo no Rácing Vilariño. Adestro tres veces á semana e facemos exercicios que me gustan moito como por exemplo tiros a porta, circuítos, partidillos... Cada fin de semana xogamos contra un equipo diferente.
Somos 16 no equipo e todos nos levamos moi ben.
01/04/2013
A festa da Arribada
Álvaro Santalla e París Vaqueiro / 1º ESO A
----------------------------------------
A Arribada celébrase con motivo da chegada de Martín Pinzón á vila de Baiona o 1 de marzo de 1493 tras o descubrimento de América.
A data de dita festa varía cada ano preo sempre coincide coa primeira fin de semana do mes de marzo.
Esta festa está catalogada como de interés turístico nacional e acolle cada ano a uns 30.000 visitantes, cifra que aumenta en cada nova edición.
A vila de Baiona engalánase cun ambiente medieval: a xente viste de época, das paredes e farolas penduran estandartes, nas rúas amoréanse carros e postos de produtos artesanais...
Durante esa fin de semana a xente recorre as rúas vendo os postos, tomando bocadillos, empanada e larpeiradas. Tamén hai espectáculos de cetrería, tiro con arco, obradoiros de oficios tradicionais e na praia represéntase unha obra de teatro baseada na chegada de Pinzón. Ademais este ano os afectados polo problema dos bancos coas Preferentes manifestáronse o primeiro día da festa para pedir solucións.
O que máis nos gusta da Arribada é o espectáculo de cetrería e que as persoas vendan as cousas que eles mesmos fan. O que menos nos gusta é que hai moitísima xente, moita en non moi boas condicións, e iso non cadra ben nunha festa tan bonita.
----------------------------------------
A Arribada celébrase con motivo da chegada de Martín Pinzón á vila de Baiona o 1 de marzo de 1493 tras o descubrimento de América.A data de dita festa varía cada ano preo sempre coincide coa primeira fin de semana do mes de marzo.
Esta festa está catalogada como de interés turístico nacional e acolle cada ano a uns 30.000 visitantes, cifra que aumenta en cada nova edición.
A vila de Baiona engalánase cun ambiente medieval: a xente viste de época, das paredes e farolas penduran estandartes, nas rúas amoréanse carros e postos de produtos artesanais...
Durante esa fin de semana a xente recorre as rúas vendo os postos, tomando bocadillos, empanada e larpeiradas. Tamén hai espectáculos de cetrería, tiro con arco, obradoiros de oficios tradicionais e na praia represéntase unha obra de teatro baseada na chegada de Pinzón. Ademais este ano os afectados polo problema dos bancos coas Preferentes manifestáronse o primeiro día da festa para pedir solucións.
O que máis nos gusta da Arribada é o espectáculo de cetrería e que as persoas vendan as cousas que eles mesmos fan. O que menos nos gusta é que hai moitísima xente, moita en non moi boas condicións, e iso non cadra ben nunha festa tan bonita.
08/03/2013
Haití tres anos despois do terremoto
Rubén Darío Franco / 1º ESO B
---------------------------------
Pasaron xa tres anos desde que se produciu o terremoto de Haití que matou a 300 mil persoas, pero as tarefas de reconstrución do país non están demasiado adiantadas.
As necesidades máis urxentes son reducir enfermidades coma o
cólera, solucionar o problema dos desprazados e construír escolas e
infraestruturas de saneamento.
A promesa de doar centos de millóns de dólares para axudar a saír adiante a este país quedou, en moitos casos, nunha declaración de intencións por parte da comunidade internacional.
Miles de refuxiados seguen vivindo en campamentos improvisados, faltan moitas das escolas destruídas polo terremoto e os enfermos teñen que ser asistidos en hospitais prefabricados.
Este é un exemplo máis de esquecemento unha vez que os focos e as cámaras se apagan. Por iso diferentes ONG fan un chamamento para que os cidadáns non se esquezan do drama do país máis pobre do hemisferio norte.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


