José Luís Vilar Gallego / 1º ESO B
--------------------------------------
A rapazada de 1º de ESO propuxémonos facer unha revista para contar as novidades que ocorran no colexio.
En total somos 61 alumnos e estamos distribuídos en tres aulas. Aínda que somos moi diferentes uns dos outros, levámonos bastante ben.

A maioría estudamos primaria aquí, no Cova Terreña, pero tamén hai rapaces que están este ano por primeira vez no centro porque fixeron 6º en Belesar, Panxón ou Mallón.
O que máis nos gusta a todos é o recreo. Nel uns dan voltas ao colexio "cotilleando" sobre o que pasa, outros participan nos torneos de fútbol e baloncesto que organiza a profesora de Educación Física e outros animan aos que xogan.
Moitos de nós tamén participamos no Reto Semanal de Matemáticas que consiste en resolver uns problemas moi entretidos, algúns teñen trampa, e o que gane o concurso leva un premio que aínda non coñecemos.
A mellor clase sen dúbida é 1ºb ,a que si profe:)
ResponderEliminarSomos os que mellores saímos, e os que mellor nos portamos;)
Que guapos saimos todos
ResponderEliminarTamen profe nos pillaches a todos os primeiros cun dia de ximnasia.
ResponderEliminarNoelia Cedeira 1ºA