Os rapaces de 1º ESO visitan a Casa das Palabras
Laura Hermida, Irene Barra e Brais García / 1º ESO A
------------------------------------------------------
O pasado 4 de novembro 42 alumnos e alumnas do CPI Cova Terreña visitaron o
Museo Verbum de Vigo acompañados polas profesoras de Lingua Galega e Apoio.
A xornada contou cun percorrido por diferentes cubos con xogos interactivos que lles axudaron a entender mellor a comunicación non verbal.

Tamén participaron nun obradoiro de Stop Motion. Eles mesmos fixeron dúas curtametraxes con fotos feitas a bonecos de papel que fotografaron despois de ilos movendo pouquiño a pouco e que o ordenador converteu despois en película. Os filmes foron titulados como "A cidade acuática" e "Un partido perfecto".
Os participantes aseguran ter disfrutado con esta saída e recomendan a visita ao museo xa que as actividades que oferta adáptanse a calquera idade.
Profes! Volverémos ir algún sitio de excursión? Xa que traballamos moito...
ResponderEliminarPodemos ir a un parque de atraciones jajaja
ResponderEliminarProooooooooofe!! A ver cando volvemos a ir a un sitio asi ou a outra excursión, co ben que nos lo pasamos
ResponderEliminar