Manuel Fernández e Mauro Pazos / 1º ESO B
------------------------------------------------
O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e no CPI Covaterreña estanse preparando diversas actividades. Algunhas das máis populares son o certame literario “Dolores Agrelo”, o concurso “Pazrapeando” e a lectura do manifesto no que se reflexiona sobre valores.
Pero este ano unha nova actividade está mobilizando aos seus estudantes: os grous de papel.
Todo comezou coa lectura dun relato sobre a bomba atómica de Hiroshima. Os alumnos souberon así da existencia dunha nena chamada Sadako Sasaki que enfermou de leucemia. Unha amiga ensinoulle a facer grous de papel e díxolle que se conseguía facer mil podía pedir un desexo. Por desgraza, Sadako faleceu cando tiña feito 644 paxaros pero os seus compañeiros remataron a tarefa e aforraron diñeiro para construír unha estatua que representa á nena sostendo un grou. En lembranza daquel tráxico suceso, cada ano fanse miles de grous e cólganse da estatua buscando transmitir un desexo de paz.
Os alumnos do Covaterreña sumáronse a esta iniciativa a través dunha actividade organizada polo Equipo de biblioteca e estes días fóronse depositando a carón de secretaría centos de grous de todos os tamaños e cores.
Eu fixen un grou moi bonito a ver se chegamos aos 1.000 grous
ResponderEliminarDende o grupo de biblioteta gustaríanos dar as grazas a todos pola vosa participación nos grous porque xa estamos a piques de chegar os 1000.
ResponderEliminarGrazas.
FOI UN GRAN APOIO A NENA DO ORIGAMI PORQUE NA CLASE DE MATEMÁTICAS FIXEMOS GRUAS FOI UN XESTO QUE ME GUSTOU MOITO COMO RECORDO DA NENA.
ResponderEliminarAo final fixemos os mil grous, ao principio pensaba que non o iamos a conseguir pero grazas a colaboración de todos os nenos e nenas conseguimos ese reto tan apaisoante.
ResponderEliminarO día da paz estivo moi entretido,o dos grous foi unha excelente idea, aparte de pasalo ben aprendimos un pouco máis sobre o que fan nos demais paises para de algunha forma pedir axuda, a verdade é que é unha pena o que lle pasou a nena, é inxusto que por culpa de algunhas persoas morran outras, ao principío case niguen sabia facer grous, pero grazas as profesoras e a esa idea aprendimos e de feito agora as facemos de *ipso facto, alguns grous están moi logrados, a miña estaba coloreada con un rotulador fluorescente verde, estaba moi chula.
ResponderEliminarMoitas grazas por facer actividades que entreteñan.
O día da paz estivo moi ben , fixemos moitas cousas:dedicarlle un concurso a DOLORES AGRELO que é a persoa que nos deu o terreno para poder construir o colexio,tamen ensinaronnos a facer grous , eu leven 4 grous a conserxeria e unha quedeimea de recordo e por último as entregas dos premios dos concursos .
ResponderEliminarA min o que mais me gustou foi facer a carta do concurso dolores agrelo ainda que non ganei pero o importante foi levar os positivo que me puxo quique o profe de lengua.
Espero que sigades propoñendo actividades, que si que participarei.