Yolanda Domínguez, Carla Cividanes e Laura Ruíz / 1º ESO B
---------------------------------------------------------------------------------
O 19 de xaneiro pola tarde Javier Fernández Pousa, un dos estudantes de 1º de ESO do CPI Covaterreña, e o seu pai Campio Fernández capturaron un congro que pesou 28 quilos e mediu 2,20 metros.
Este peixe tan peculiar pescárono na doca de Baiona cun tubo, unha corda e un anzol. De carnada puxeron sardiña fresca.
Para sacar o peixe foron necesarias tres persoas: Javier, Campio e un home que pasaba por alí e se ofreceu a axudalos xa que o congro facía forza e enganchábase nas pedras. Tiveron moito coidado ao sacalo pois o congro é un peixe moi perigoso e pode arrancar ata unha man se a morde. Souberon que o congro era macho polo tamaño da súa cabeza.
Despois de pescalo levárono para a súa casa e vendérono por toros aos seus amigos.
Un home avisou á prensa e diversos medios publicaron esta noticia. O noso compañeiro tivo un pouco de vergoña cando o entrevistaron pero ao mesmo tempo sentiuse contento e orgulloso por pescar un congro tan grande.
Dende hai dous anos Javier acompaña ao seu pai a pescar congro, barbada, maragota ou pinto. Afirma non dedicarlle moito tempo a esta afección pois prefire andar en bici ou en moto.
Dende hai dous anos Javier acompaña ao seu pai a pescar congro, barbada, maragota ou pinto. Afirma non dedicarlle moito tempo a esta afección pois prefire andar en bici ou en moto.
Javier contounos que non esquecerá nunca esta experiencia.
Gústanos moito tanto o contido coma a forma do artigo. Con fideos está moi rico. Cando quedamos?
ResponderEliminarProfesores do Grupo de Traballo Abalar Cova Terreña
hola soi el hermano de javier me llamo Adrian y estoy muy orgulloso de mi hermano y mi padre.........
ResponderEliminaré unha pesca de moita paciencia
ResponderEliminarpareceme moi impresionante .
Que bo é o irman de Xavier felicitano porque o fixo moi ben ao pescar o congro e boa sorte para coller outro.
ResponderEliminarÉ moi grande e mide moito para poder pescar iso en baiona e como un record felicidades
ResponderEliminar