15/05/2012

Entrega de premios da II Edición do Reto Semanal

 Ismael Cabral e Noelia Cedeira / 1º ESO A
-----------------------------------------------------
A segunda edición do Reto Semanal tivo como protagonista o Tangram. Neste xogo fórmanse figuras diferentes partindo de sete fichas: dous triángulos grandes, dous pequenos, un mediano, un cadrado e un rombo de tamaño medio.
Os premios para os gañadores desta edición foron unhas orixinais madalenas que levaban o nome de cada participante escrito con figuras de Tangram. Tamén recibiron un xogo de enxeño de madeira e déuselles a oportunidade de participar no concurso matemático “Ligamats” onde se resolven retos de lóxica, Tangram e Pentaminó.

3 comentários:

  1. Temos que resaltar que tres alumnos de 1ºB de ESO e unha alumna de 2ºB pasaron a final de Ligamats e quedaron de 4º. Moi ben, porque era a primeira vez que se presentaba o cole a dita competición.

    ¡¡¡ NORABOA!!!

    Andrea (Profe de mate)

    ResponderEliminar
  2. marina gonzale01/06/12, 10:47

    que boa pinta teñen esas magdalenas felicidades aos gañadores

    ResponderEliminar
  3. Rubén Álvarez Leyenda 1ºB08/06/12, 16:48

    noraboa a todos os gañadores espero que disfrtaran dise rico postre, por que ten moi boa pinta

    ResponderEliminar