Laura Fernández e María Cedeira / 1º ESO A
--------------------------------------------------
O Día das Letras Galegas celébrase dende o 17 de maio de 1963. Elixiuse ese día porque se cumprían cen anos da publicación do primeiro libro escrito totalmente en galego: Cantares gallegos de Rosalía de Castro. E esa foi a escritora á que se lle adicou por primeira vez o noso Día das Letras.
Esta conmemoración serve para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego. Cada ano adícase a unha persoa diferente que escolle a Real Academia Galega, e un dos requisitos imprescindibles é que falecera, como mínimo, dez anos antes.
Este ano homenaxéase a Valentín Paz Andrade, autor que destacou pola súa traxectoria como político, ensaísta, poeta, xornalista e empresario.
Fanse moitos actos para lembrar e recoñecer a súa importancia: os xornais agasallan aos seus lectores cun libro seu, algúns supermercados distribúen bolsas con textos do polifacético escritor, fanse exposicións con cartaces que conteñen información sobre a súa vida e obra, colócanse placas conmemorativas, realízanse ofrendas florais...
Para coñecer mellor a este autor podes enredar nas actividades interactivas que hai en
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipderebordans/aulavirtual/file.php/6/letras_galegas.html
Mara, Sabela, Jose / 1º ESO C------------------------------------------
Valentín Paz Andrade é a persoa a que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Home polifacético, xa que traballou como: xornalista, economista e tamén escribiu poesía e ensio.
A través dos carteis que hai no corredor do noso centro podemos ler distintos feitos relacionados co autor. A nós chamarónnos a atención os seguintes aspectos:
Como autor literario
O máis notorio de V. Paz Andrade son os seus ensaios de ampla temática. Desenvolve temas tan dispares como a economía, a historia , a etnografía ou a lingua.
O autor a través da súa poesía recorda a Castelao, a quen admirou e de quen sempre foi un gran amigo.
Sementeira do vento é un dos seus poemarios máis importantes. Foi editado por Galaxia no ano 1968 con ilustracións de Laxeiro e prefacio de Guillerme de Almeida.
Galeguista
Participou na redacción do anteproxecto do Estatuto Galego. A inicitiva de Castelao tivo unha importante participación no movemento galeguista.
Actuou como un orador nun mitin de estudantes universitarios. Esta ideoloxía condicionou o seu desterro a distintas localidades galegas e o atentado que sufriu, disparáronlle cinco balazos.
Profundamente preocupado polo destino da lingua, creou a lusofonía como ponte para difundir a nosa cultura en Portugal e na emerxente potencia brasileira.
Xornalista
O día 25 de xullo en 1922 sae a luz, cunha tirada de 12 mil exemplares, un novo diario dirixido por Valentín Paz Andrade, “Galicia”.
Economista
Paz Andrade estivo moi vinculado ao mundo da empresa e manifestou unha singular preocupación pola realidade socioconómica de Galicia e en particular polo mundo da pesca, estivo detrás da creación da empresa Pescanova.
Algúns versos
1
O mar é o elemento
boas vindas ao porto, mariñeiros
(...)
O mar é un elemento común na súa poesía como vemos nos versos anteriores.
2
Cando ti volvas
(...)
Así comeza un dos seus poemas máis coñecidos e dedicado ao seu gran amigo Castelao.
3
Chora, terra, teu pranto das augas e dos eidos, e dos ares
(...)
Galicia é o elemento central deste poema, terra que sentiu e levou sempre con el.
Sem comentários:
Enviar um comentário