Miriam Rouco, Jerónimo Pereira, Nerea Nieto e Laura Varela/1ºC
--------------------------------------------------------------------------------
Xa empezou un novo ano,
dicimos adeus ao 2013 e ola ao 2014 . Este ano, igual ca os
pasados, todos temos algún propósito, xa que hai que empezar con bo pé.
Son moitas as
persoas que se propoñen novos
retos. Entre estes propósitos destacan: novos hábitos alimenticios, deixar de fumar,
pórse a dieta, facer máis exercicio, ler máis, mellorar no traballo ou mesmo
encontralo, estudar de maneira constante
(...).
Son moitos os
negocios que se aproveitan disto, quere
dicir que eles tamén sacan beneficio; destacando os centros dietéticos e os
ximnasios. Noutros casos os locais saen perdendo, quizais os máis afectados
sexan os estancos, é dicir, locais que venden tabaco.
De forma máis
persoal, eu propóñome non falar tanto na escola, estudar máis, ler un pouquiño
cada día, adelgazar uns cantos quilos, tamén creo que todos tiñamos que ser
máis solidarios.
Eu penso que unha
gran cantidade de persoas consígueo, todo é cuestión de vontade, esforzo e de tomalo moi en serio.
Pois eu propóñome ler máis o "Primeiro expreso" que o tiña bastante esquecido.
ResponderEliminarParabés polo artigo.
Bicos. Merce