Rosalía Martínez / 1º ESO B
--------------------------------------
Levo
navegando dende os sete ou oito anos. Primeiro ía nun barco de plástico e bastante vello.
Fun mellorando e pasáronme ao equipo de iniciación a regata no que
estiven un ano e algo máis. Neste grupo xa ía nun barco mellor pero non
era ningunha marabilla. E por fin o ano pasado accedín ao equipo de
regatas. Neste equipo navego no meu propio barco que é un optimist de
regatas. Teño tres velas: unha para adestrar e as outras para regatas.
Adestro todos os sábados de 10:00 a 14:00 e os domingos de 11:00 a
17:00. Algunhas fins de semana imos ás regatas; á última á que fomos foi
na Coruña e a próxima é a Semana do Atlántico, en Vigo. A ela veñen
regatistas de toda Europa e somos 200 barcos polo que é moi complicado
quedar ben. Ademais de optimist, que é a clase dos máis pequenos, tamén
participan regatistas noutros clases diferentes como laser, vaurien ou
420.
Durante todo o ano
fanse outras regatas que contan para o ránking galego.
Aínda que pareza un deporte sinxelo non o é.
MERGULLO
José Carneiro / 1º ESO B
---------------------------------
Eu
practico mergullo dende hai tres anos. O mellor é facelo en sitios
profundos e fríos, cun traxe de neopreno de dúas pezas, uns lentes, un
tubo de mergullo e unhas aletas.Cando te mergullas ves as algas e o argazo. É mellor ir cando a marea
está baixa e se vai o sol.
Quen me ensinou foi o meu tío e acostumo ir
con el e co meu curmán.
Este ano merquei uns lentes de mergullo novos, mellores cós que xa
tiña, e regaláronme unhas aletas. Non emprego bombona porque ata os
dezaseis anos non podo sacar o título para poder levala.
MÚSICA
Jaime Estévez / 1º ESO B
-------------------------------
Como actividade extraescolar, ademais de a baloncesto, vou a Música ao Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na especialidade de saxofón. Gústame moito, aínda que é moi sacrificado, xa que teño que estudar todos os días, facer os traballos de Linguaxe e ir tres veces por semana ás clases.
Para acceder a 1º de Grao Elemental tiven que facer unha proba de ditado, lectura... e tamén outra para pasar de Grao Elemental a Grao Medio, no que estou agora.
Tocar o saxo encántame, pero ten algunhas incomodidades como dor no pescozo pola correa que tes que poñer arredor del para suxeitar o saxo, ou dor nos beizos pola posición para soprar pola boquilla.
Alí fixen moi bos amigos, aínda que cada vez que pasamos de curso non nos toca na mesma clase de Linguaxe e é máis difícil volver a falar con eles.
Ademais de tocar na banda do conservatorio, toco na Banda da Agrupación Musical de Belesar. É moi divertido cando imos tocar ás festas pero tamén tocamos en festivais de bandas e en certames.
Jose a próxima vez que vaias a mergullar por Baiona leva unha cámara acuática para podernos ensinar na clase o variedade de peixes que hai.
ResponderEliminar