26/01/2012

Nº 1 da revista "Primeiro Expreso"

Aquí podedes ver todas as noticias publicadas no blog no primeiro cuadrimestre.
Xa estamos traballando no seguinte número!


23/01/2012

Preparando o Día da Paz

Manuel Fernández e Mauro Pazos / 1º ESO B
------------------------------------------------
O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e  no CPI Covaterreña estanse preparando diversas actividades. Algunhas das máis populares son o certame literario “Dolores Agrelo”, o concurso “Pazrapeando” e a lectura do manifesto no que se reflexiona sobre valores.
Pero este ano unha nova actividade está mobilizando aos seus estudantes: os grous de papel.
Todo comezou coa lectura dun relato sobre a bomba atómica de Hiroshima. Os alumnos souberon así da existencia dunha nena chamada Sadako Sasaki que enfermou de leucemia. Unha amiga ensinoulle a facer grous de papel e díxolle que se conseguía facer mil podía pedir un desexo. Por desgraza, Sadako faleceu cando tiña feito 644 paxaros pero os seus compañeiros remataron a tarefa e aforraron diñeiro para construír unha estatua que representa á nena sostendo un grou. En lembranza daquel tráxico suceso, cada ano fanse miles de grous e cólganse da estatua buscando transmitir un desexo de paz.
Os alumnos do Covaterreña sumáronse a esta iniciativa a través dunha actividade organizada polo Equipo de biblioteca e estes días fóronse depositando a carón de secretaría centos de grous de todos os tamaños e cores.



20/01/2012

Horóscopo

Gabinete astrolóxico de 1º ESO A e B
------------------------------------------------------------------------------------

ACUARIO (22 xaneiro-21 febreiro)
  • Saúde: debes pensar en comer máis san. Substitúe as larpeiradas pola froita.
  • Estudos: todo parece estar cambiando grazas aos teus esforzos.
  • Amor: a túa xenerosidade e simpatía fará máis feliz á xente que te rodea.

PISCIS (22 febreiro-20 marzo)
  • Saúde: decídete a facer deporte xa que vai ser moi beneficioso para a túa saúde.
  • Estudos: organiza o teu tempo e non deixes os teus deberes para o último momento.
  • Amor: algún amigo ou familiar teu darache unha sorpresa.

ARIES (21 marzo-20 abril)
  • Saúde: sentiraste mellor en contacto coa naturaza. Proba a facer algunha actividade ao aire libre.
  • Estudos: as túas notas subirán grazas aos esforzos que estás facendo.
  • Amor: coñecerás novas persoas que se converterán no futuro en bos amigos teus.

TAURO (21 abril-20 maio)
  • Saúde: será unha etapa boa debido a unha alimentación equilibrada e a que tomas moitos zumes naturais.
  • Estudos: mellorarás na materia que peor se che dá.
  • Amor: deberás moderar as túas palabras e o teu xenio para que ninguén se enfade contigo.

XEMELGOS (21 maio-21 xuño)
  • Saúde: sentiraste en harmonía co teu entorno.
  • Estudos: pasarás por unha época complicada pero serás quen de solucionalo.
  • Amor: a túa familia enfadarase contigo por algunha trasnada que fixeches.

CANGREXO (22 xuño-22 xullo)
  • Saúde: estarás un pouco nervioso debido aos estudos; tranquilízate e todo irá mellor.
  • Estudos: se melloras nos estudos a túa familia estará máis contenta contigo.
  • Amor: estarás rodeado de amigos que te queren e coidan.

LEO (23 xullo-22 agosto)
  • Saúde: estás durmindo pouco esta temporada. É importante descansar para render nos estudos.
  • Estudos: esfórzate e acadarás as túas metas.
  • Amor: buscarás axuda nos teus amigos e eles apoiarante en todo momento.

VIRGO (23 agosto-21 setembro)
  • Saúde: debes facer unha visita ao dentista.
  • Estudos: comezarás mal o ano pero rematarás ben o curso.
  • Amor: reencontraraste cunha antiga amiga que marchou a outro colexio e que non vías dende hai tempo.

LIBRA (22 setembro-22 outubro)
  • Saúde: nos próximos meses terás que protexerte do frío para evitar arrefriados.
  • Estudos: este será un bo ano se non baixas o ritmo de traballo.
  • Amor: farás novos amigos e riraste moito con eles.

ESCORPIÓN (23 outubro-21 novembro)
  • Saúde: terás unha excelente saúde.
  • Estudos: adícalle máis tempo aos estudos.
  • Amor: vivirás unha etapa moi afortunada xa que notarás que te quere moita xente.

SAXITARIO (22 novembro-22 decembro)
  • Saúde: farás esforzos físicos pero isto non suporá ningún problema para ti.
  • Estudos: estarás moi motivado nos estudos e as cousas sairanche ben.
  • Amor: non descoides as túas amizades pois necesitarán a túa axuda.

CAPRICORNIO (23 decembro-21 xaneiro)
  • Saúde: cara á primavera podes ter algún problema coas alerxias.
  • Estudos: será unha época na que estarás moi inspirado e ocorreránchese tarefas orixinais.
  • Amor: recapacita antes de tomar decisións importantes.

15/01/2012

Mila Mougán : "De pequena xa xogaba a ser mestra"

Ismael Cabral , Noelia Cedeira e Santiago Bernárdez / 1º ESO A
-----------------------------------------------------------------------
A profesora Mila Mougán xubilouse o pasado mes de decembro despois de 37 anos ensinando a nenos e nenas de diferentes localidades e idades. Dinos que, aínda que lle sigue gustando moito o seu traballo, se xubila porque xa se cansa con facilidade e quere pasar máis tempo coa súa familia.
Traballou en Ourense, Santa Uxía de Ribeira, Málaga, O Grove, Nigrán... e durante os últimos vinte e cinco anos estivo traballando neste centro, o CPI Covaterreña.
Deu clase a nenos de Primaria  e Educación Especial. Os cursos cos que máis lle gustaba traballar  foron 2º, 3º e 4º porque a esa idade os nenos son moi afectivos,  aprenden rápido, convéncense facilmente e ela pásao ben axudándolles .
Ela comentounos  as diferenzas que hai entre os nenos de antes e os de agora: os de antes eran máis tranquilos e atendían máis mentres que os de agora son máis inquedos. Tamén nos dixo que o centro cambiou moito nestes vinte e cinco anos. Antes, por exemplo, había menos material e menos estudantes. Agora hai aula de informática, xardíns, pavillón e unha morea de libros.
Quixemos saber con que actividades encherá o seu tempo libre e díxonos que lle gusta moito facer deporte (practica natación e bici),  axudará aos seus fillos e, cando os teña, coidará dos seus netos. Tamén ten unha viaxe programada para as próximas datas.
Desexámoslle que nesta nova etapa o pase moi ben.

12/01/2012

Somos o que comemos ou non?

Carla García, Martín Gómez e Uxía Miniño / 1º C
-------------------------------------------------------
A pizza, as carnes presentadas como bistés, polo, churrasco, criollos, albóndegas ou xamón asado; a pasta con forma de fideos, espaguetes, macarróns ou lasaña; a tortilla de patacas, as salchichas con ovos e as croquetas son as comidas favoritas, e por esta orde, dos alumnos de 1º de ESO (90%). As que menos seguidores teñen son o cocido, as lentellas e o arroz(10%).
As comidas que gustan máis non son as máis sas, de feito, caracterízanse por unha grande cantidade de hidratos de carbono (pastas) e graxa animal (carne), é dicir, pratos cun alto nivel calorífico e enerxético.






Non obstante, obsérvase a falta doutros alimentos na dieta destes rapaces: verduras, peixe e legumes. Sendo estes básicos nas comidas diarias para contar con proteínas ricas en graxas saudables e fibra.
Este pequeno estudo demostra que estes rapaces seguen a liña común da maioría das persoas da súa idade, é dicir, pouco peixe e verdura e moita pizza, pasta e carnes.
Ante a pregunta inicial, somos o que comemos ou non? Podemos dicir que non, xa que non atopamos casos de sobrepeso, isto quizais estea xustificado na actividade física que estes rapaces realizan, facendo que gasten máis enerxía da que consomen.

19/12/2011

Tempo de lecer. Actividades para todos

Alejandro Rouco, Gabriel Seoane, Abraham Soto e Alberto Trapero /1ºC
-----------------------------------------------------------------------------
De 61 alumnos de 1º de ESO, só un 12% non practica ningunha actividade extraescolar o que indica que un 88% dedica algunha hora durante varios días á semana a practicar algunha afección que pode ser deportiva, musical ou aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

O deporte que máis practican é o fútbol, 12 alumnos, en segundo lugar está aprender inglés, en terceiro lugar séguelle o baloncesto e logo temos actividades como taekwondo, baile, atletismo, natación, tenis ou pesca, practicadas por dous alumnos cada unha. Cun só alumno temos: equitación, monociclismo, loita greco-romana, surf, vela, kárate, saxo, boxeo, gaita, danza, tambor ou pintura que suman un total de 26 alumnos.
Fútbol, baloncesto, taekwondo son practicadas só por nenos. As nenas asisten máis a clases de inglés, danza e pintura, aínda que o atletismo e a natación son femininos totalmente. No caso das clases musicais van nenos e nenas.

Que fan os alumnos de 1º da ESO no tempo de lecer?

Un día de pesca ao completo.
Alejandro Rouco / 1º C
-------------------------------------
Álex, un alumno de 1º C, é un gran afeccionado á pesca de río e de mar.
O día 14 de agosto de 2011, foi co seu cuñado pescar ao río Sil. Pescou con culleriña, rapalas e mosca para coller troitas e peixes (parecido á troita, pero menos preciado pola súa carne)
Non obstante, Alex é un gran afeccionado á pesca no mar, de feito vivir en Baiona axuda a súa paixón. Nesta vila o seu lugar favorito é o porto, xa que é fácil coller algunha peza. Aquí é frecuente pescar robaliza, cabala, pinto, faneca, choco, luras ou calamares e congro. Utiliza cana e os cebos máis habituais son bicho coreano e sardiña.
Tamén ten experiencia na costa, pero esta é moito máis difícil e deixámola para profesionais.

Un día de fútbol na vida de Duarte.
Duarte Nuno Marques / 1º C
-------------------------------------------
Duarte, todos os mércores, vai adestrar para conseguir ser un bo xogador de fútbol. Cando chega e como quecemento xogan por libre sen o adestrador, despois de chegar este segue o seu quecemento, pero con xogos vixiados. Despois disto pasan a facer controis de balóns, se a cousa vai ben incluso poden disputar uns pequenos partidos, de feito teñen tres equipos. O equipo que gana é o que antes consiga meter un gol, senón se mete ningún gol e despois dun tempo sae o equipo que menos tempo xogou. Despois, xa canso, toma unha boa ducha e volta para casa.

Cristian Cabral /1º C fálanos da súa afección, “A loita libre”.
--------------------------------------------------------------
Ola, chamóme Cristian Cabral e son luchador de loita libre e Greco Romana. Vouvos dicir de que se trata, un pouquiño, a miña loita. É unha das formas máis elementais de combate entre individuos e remóntase á prehistoria. É un deporte dos máis completos. Permite o desenvolvemento de todos os músculos do corpo, e ademais, require traballo cerebral para executar movementos, paradas… É un deporte que nos obriga a despregar unha grande forza muscular, pero coa particularidade con respecto a outros deportes de non descompensar a morfoloxía dos deportista. A loita esta incluída nos Xogos Olímpicos desde os tempos máis remotos.

Karting: a paixón de José Luis Vilar / 1º B
-------------------------------------------------
Empezou a interesarse polo karting despois dunhas vacacións á Warner Bros Park. Cando voltaba parou no circuíto de Carlos Sainz e como lle gustou a experiencia alugou un kart no circuíto de Porriño. Estivo uns días indo, cada día facíao mellor, e ao final comprou un. O seu xa acada unha velocidade de 120km/h (ten 85 cc).
Despois dun tempo empezou a competir en serio e na primeira carreira na que participou tivo un accidente grave. Unha vez recuperado seguiu participando en moitas máis carreiras nos anos 2009 e 2010 e converteuse nun piloto gañador ao que coñecen en España, Portugal e Andorra.
Actualmente forma parte do único equipo de karting que hai en Galicia.

"Pasámolo moi ben facendo atletismo"
Uxía Penedo e Andrea Pais / 1º B
-----------------------------------------------
Ó principio comezaron a praticar atletismo Uxía, a súa irmá Carla e o seu curmán Pedro. Ó ano seguinte apuntouse unha compañeira de clase chamada Andrea.
Practican este deporte dende hai un ano e medio. Os martes, mércores e venres adestran en Gondomar e os xoves nas pistas de Balaídos (Vigo).
Comezan o adestramento trotando un pouco pola pista, logo saltan obstáculos e fan abdominais e, por último, estiran.
O seu adestrador chámase Pablo; é marroquí pero fala perfectamente  español. Ten un título de adestrador de Europa, é moi bo cos nenos e corre moi rápido .
A maioría das fins de semana participan en carreiras. Por exemplo, esta fin de semana van ir a unha carreira solidaria no colexio de Bembrive e o domingo teñen outra carreira en Cangas.
Gústalles moito esta afección e pásano moi ben mentres fan deporte.

15/12/2011

Cabalos salvaxes nos montes do Val Miñor

Marcos González Rodríguez / 1º ESO A
--------------------------------------
En Galicia hai bastantes cabalos salvaxes. Soen estar nos montes, cerca das vilas e aldeas. Na zona de Baiona abundan en Mougás, Oia, Torroña, A Groba e Pinzas.
É moi difícil saber o número exacto de cabalos salvaxes que hai nos arredores porque cada ano nacen máis e máis, pero crese que haberá uns 1.500 na comarca. Aliméntanse de herba, toxos, e outros vexetais que nacen nos montes nos que viven. Deste xeito limpan os montes e son beneficiosos para previr os incendios forestais.

Algunhas persoas cómpranos para domesticalos e limpar fincas ou dómanos para montar. Tamén os venden para matalos e comelos.
Todos os anos realízase a rapa das bestas para cortarlles as crinas e o rabo, desparasitalos e marcalos cuns ferros quentes que teñen unhas formas determinadas para identificar o seu dono. Algúns debuxos destes ferros están baseados en petroglifos que hai nos penedos destes montes.
Os curros máis famosos son o de Mougás e o de Torroña e celébranse cada ano no mes de xuño.
A Xunta de Galicia quere que todos os cabalos salvaxes leven un microchip. Este serve para poder identificar ao dono se algún cabalo ten un accidente con algún vehículo. Os donos dos cabalos salvaxes no queren pórllelos porque son demasiado caros e algúns teñen tantas bestas que non poden permitir este gasto. No mes de outubro fixeron unha protesta á que asistiron máis de 600 persoas, 300 delas dacabalo das súas "burras", que é como eles lles chaman.

13/12/2011

Sábado de regatas en Baiona

Jorge González Silva / 1º ESO A
--------------------------------------
O próximo 17 de decembro haberá unha regata de vela na ría de Baiona.
Nesta competición, que dará comezo ás nove da mañá, os nenos de iniciación sairán con optimist de plástico e os alumnos superiores con optimist de fibra, cadete e 420.
Será unha regata con interesantes premios e para gañalos haberá que loitar moito. Desgraciadamente non acudirán rapaces doutros clubs.
O público máis afortunado poderá vela dende os seus barcos pero tamén se poderá apreciar moi ben dende terra firme.

06/12/2011

Tradúcese ao galego o menú escolar

O alumnado do Cova Terreña traduce ao galego o menú do servizo de comedor
Sabela Gallego e Santiago Bernárdez / 1º ESO A
-----------------------------------------------
O alumnado de secundaria, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, traducirá o menú mensual ao galego durante este curso. Comezaron esta actividade os alumnos de 1º ESO A e os vindeiros meses encargaranse de facelo outros cursos da ESO.
O colexio Cova Terreña conta dende hai varios anos cun servizo de comedor para os seus alumnos. A comida prepáraa a empresa de cátering "El Canario". O menú é variado e equilibrado e vén en caixas térmicas que traen primeiro e segundo prato, ademais de sobremesa.
Cada mes recíbese unha nota que contén o menú mensual no que aparece o xantar para todos os días do mes así como suxestións de cea dirixidas aos pais.
Actualmente son 31 os alumnos e alumnas que fan uso deste servizo de maneira fixa, pero tamén hai quen acode de xeito esporádico. A ANPA é a encargada da súa xestión.