-------------------------------------
O 27 de marzo os alumnos de 1º de ESO fomos ao porto de Vigo co profesor de Ciencias Sociais.
Nada máis chegar, mandáronnos poñer uns chalecos reflectantes para que se vise ben que eramos visitantes. Despois explicáronnos en que consistía a pesca de baixura e de altura: a de baixura é a que se fai cerca da costa e o barco só vai un, dous ou tres días. Péscanse peixes pequenos como xoubas, raias, bacallaus, sardiñas, luras, chocos...
A pesca de altura é a que se fai lonxe da costa e os mariñeiros pasan varios meses embarcados. Neste tipo xa se pescan peixes moi grandes como o peixe espada ou o atún.
Despois fomos a un viveiro de marisco onde as nécoras, centolos e bois se distribuían en grandes piscinas de auga salgada.
Ese día o porto estaba baleiro, só había unha pequena cantidade de peixe e marisco porque ás 7 da mañá viñeran compralo.
Cando acabamos de ver o porto fomos a unha explanada enorme, ao lado do mar, onde esperaban centos de automóbiles de diferentes marcas e modelos para ser transportados en transbordador.
Acabamos esta visita, pero quedábanos por ver o transporte de colectores e dirixímonos a outra explanada chea de colectores e tanques de gasolina. Ao seu carón estaban as vías de tren por onde tamén chegaban colectores con diferentes cargas que teñen que pasar unha inspección con máquinas e cans rastrexadores. Ese día estaban cargaban muíños de vento.
gustoume a excursion pero o fedor produciame algo de nauseas
ResponderEliminarA excursión foi moi interesante pero o malo era o fedor que daban ganas de irse ao autobus para ir a outro sitio espero non traballar ahi que o primer dia o pasaria fatal.
ResponderEliminar