13/04/2012

Londres, cidade para visitar

María Cedeira / 1º ESO A
---------------------------------
Londres é unha das cidades máis interesantes e visitadas do mundo. Cando fun era inverno pero non vos recomendo ir nesa época pois, aínda que estaba todo precioso coa neve e os lagos xeados, ía demasiado frío para disfrutalo ao máximo.
O primeiro que vos recomendo ver é o British Museum xa que ten unha exposición sobre arte exipcia moi chula con momias, xeroglíficos, esculturas...
Outro museo divertido é o Madame Tussaud no que se mostran personaxes feitos con cera como Michael Jackson, Emma Whatson, Robert Pattinson ou a raíña de Inglaterra.
O seguinte que deberiades visitar é a Torre de Londres, fortaleza dos Tudor que serviu de cárcere.
Tamén podedes pasear pola rúa dos teatros e ver algún musical como ”MAMMA MIA” de Abba (un dos máis vistos) ou ”We will rock you”, de Queen, que parece un concerto.
Se vos entra a fame podedes coller forzas nos Starbucks, que son uns cafés moi famosos e moi transitados, ou no Hard Rock Café (teñen roupa, guitarras, discos firmados polas máis importantes estrelas de rock, un dos discos de ouro de Elvis...)
Os almacéns Harrods pertenceron ao pai do pretendente de Lady Di e dentro hai un altar que ten o seu anel de compromiso. A verdade é que son tan grandes que te podes perder e están moi ben decorados.
Non debedes deixar de coñecer o mercado de Candem Town que é unha especie de mercado cuberto construído nos vellos establos de Londres, onde se gardaban e descansaban os cabalos, por iso está decorado con cabalos de bronce. Había unha tenda futurista onde vendían pequenos robots que se movían, comida de astronauta, roupa, maquillaxe, gafas de sol fluorescentes... Todo era chulísimo!
Só espero que vos animedes a visitar Londres!!!

2 comentários:

  1. Uxía 1ºb16/04/12, 19:04

    Hola, son Uxia de 1b, a min encantariame ir a Londres e visitar todos os museos que nombraches, que son moi coñecidos.
    Encantariame ter unha camiseta de Londres do HARRODS, tamen gustariame moito ver todos os obxectos da tenda futurista.
    Na clase "estivemos facendo propostas" para o viaxe de 4º da E.S.O. e a maioria gustarianos ir a Londres.
    Espero ir algun dia, porque pareceme un sitio moi interesante.

    ResponderEliminar
  2. ESTAI MOI BO O QUE FIXON A NOSA COMPAÑEIRA SOBRE LONDRES GUSTOUME MOITO =) <3

    ResponderEliminar