19/04/2012

Enigmas

Lucas Tank, Martín Gómez/1ºC
---------------------------------------------------------------------------
Enigma 1
Un pastor ten que pasar un repolo, unha ovella e un lobo por un río. No seu barco só pode levar un animal. Como fai?
Opción 1: Se leva primeiro o repolo e deixa sós a ovella e o lobo, o lobo come a a ovella.
Opción 2: Se leva primeiro o lobo e deixa a ovella co repolo; a ovella come o repolo.
Opción 3: Se leva primeiro a ovella e deixa o lobo co repolo non pasa nada. Pero se a volta leva o repolo, a ovella cómeo. E se leva de volta o lobo e déixao coa ovella, este come a ovella.

Enigma 2
María ía co seu pai no camión, e cando chegou a un túnel quedou atrancado e non podía moverse. María moi disposta dálle a solución ao seu pai. Como sairá o camión dese túnel?

Enigma 3
Pancracio vai todos os venres á casa da súa tía que vive no sétimo piso dun edifico do centro da cidade. Os dias que non chove, baixa no cuarto e sobe andando ata o sétimo piso, pero cando chove sobe ata o sétimo. Por que?

Enigma 4
O xefe dunha tribu india dilles aos membros da súa comunidade que o día 23 de decembro cruzará andando o río Potomac, sen afundirse na auga. Cando chega tal data fai o prometido. Como consegue tal, sen afundirse?

Enigma 5
Un día Manuel decide darlle un cambio total á súa vida. Moi cedo de mañá abandona a súa residencia, apagando todas os aparellos eléctricos e pechando a porta tras el. Esta decisión provocaría unha catástrofe con trinta e seis mortos. Por que algo tan pouco violento, como abandonar o domicilio, pode provocar tantas morte?

2 comentários:

  1. a nº 5 e porque Manuel vivia nun faro e un barco estrelouse e apagou a luz

    ResponderEliminar
  2. o 1º primeiro leva a ovella, volve e colle o repolo, levao e colle a ovella leva e recolle o lobo levao e volve por a ovella

    ResponderEliminar