----------------------------------------
En España hai 93 paradores de turismo. A maioría están en castelos e outros edificios históricos. O primeiro deles está na Serra de Gredos e foi fundado en 1928.
En Galicia hai 11 establecementos hostaleiros deste tipo. Están situados nas vilas de Tui, Baiona, Pontevedra, Cambados, Verín, Vilalba, Ribadeo, Santiago de Compostela, Ferrol, Santo Estevo e Monforte.Durante todo o mes de decembro os traballadores dos paradores fixeron numerosas protestas con motivo do Expediente de Regulación de Emprego (ERE).
O día 8 de decembro os afectados manifestáronse en Baiona e acudiu moita xente para apoialos. Algúns paradores, coma o de Verín e o de Ferrol, corrían o risco de que os pechasen e noutros, coma o de Baiona, ían despedir a moita xente.
Finalmente, e tras máis dun mes de negociación, conseguiron minimizar os peches temporais e os despidos.
Un pouco de historia
Noelia García e Gabriel Seoane / 1º ESO B--------------------------------------------
O parador de Baiona está na fortaleza de Monterreal, na península de Monte Boi, xunto ao mar. O recinto da fortaleza ten 18 hectáreas de superficie e está rodeado por unha muralla de 3 quilómetros. Na parte máis alta encóntrase o Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar, un magnífico hotel de catro estrelas que leva funcionando dende 1966. Un fermoso paseo bordea o exterior da fortaleza e dá acceso ás praias que o rodean.
A torre máis antiga é a do Príncipe e data do século XV. Esta torre foi un antigo faro.
A Torre do Reloxo é do século XVI e debe o seu nome ao reloxo que posuía. Está orientada cara á terra e usábase para avisar dos ataques que procedían do mar. Para iso facíase soar a campá que tiña no seu alto e todas as igrexas do Val Miñor tocaban as súas campás avisando dos perigos.
A Torre da Tenaza foi construída polos Reis Católicos e cumpriu funcións de masmorra e polvorín.

Sem comentários:
Enviar um comentário