01/02/2013

Regreso da carabela La Pinta a Baiona

Gabriela Vilar  / 1º ESO B
-------------------------------
Dende 1994 no peirao de Baiona hai unha réplica da carabela La Pinta que xa se converteu nun símbolo da nosa vila e que axuda a que nos visiten moitos turistas.
Pero durante catro meses o lugar que ocupa no porto estivo baleiro. O motivo é que se estaba reparando no mesmo taller que a construíu, os estaleiros Xoaquín Castro da Guarda.
Nesa restauración do buque substituíuse a madeira da cuberta principal, aplicouse unha capa de líquido protector, imprimacións seladoras e dúas capas de pintura lacada. As varandas da cuberta tamén se cambiaron por outras máis acordes co deseño do navío.
Estes e outros amaños custaron arredor de 52000 euros.
As reparacións fanse necesarias cada cinco anos debido á humidade e ao vento que deterioran moito a embarcación.
A renovada copia do buque chegou a Baiona tripulada polos Reis Magos e os nenos estiveron encantados de recibilos.

1 comentário:

  1. Parabéns polo voso traballo, ata aprendo palabras novas, non coñecía o termo obsolescencia. Haberá que ir entón a ver a carabela, din que por dentro o museo tamén está totalmente reformado. Ánimo bo traballo.

    ResponderEliminar