Pedro Pintos / 1º ESO A
-------------------------------
Dende 1964 vense celebrando o 30 de xaneiro (aniversario da morte de Gandhi) o Día Escolar da Paz. Non o debemos confundir co Día Internacional da Paz que se celebra o 21 de setembro.
Entre as diferentes actividades relacionadas con esa conmemoración que se fixeron no CPI Covaterreña estivo a proxección da película “INVICTUS” que trata sobre o racismo en Sudáfrica e de como Nelson Mandela e a selección nacional de rugby serviron para unir ao país sen importar a cor da pel.
Tamén asistimos á actuación do coro do colexio. Os cantantes e os músicos eran alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO e interpretaron “Let it be” , “Color Esperanza” e algunha outra canción máis. Nese acto tamén se fixo entrega dos premios de relato curto “Dolores Agrelo” no que resultaron gañadores José Manuel Pájaro (4º ESO), Sandra Pichel e Laura González (ambas as dúas de 3º de ESO).
Sem comentários:
Enviar um comentário