Miriam Rouco /1ºC
---------------------------------------
A miña festividade favorita, sen dúbida ningunha, é o Nadal. É que é, unha
preciosa DATA para pasar bos momentos coa túa familia e ''papar'' boa comida.
Considero moi importante a familia e reunirnos unha vez ao ano está bastante
ben. Como non!
En Noite Boa ceamos na casa dos
meus avós paternos adoitamos cear vieiras, que por certo, están deliciosas!; de
segundo prato carne asada ou peixe ao forno. Ao día seguinte imos comer á casa dos meus avós maternos, e mira
que somos! Case non entra a familia na casa! Pasámolo moi ben disfrutando da
compañía de todos e ensinando os agasallos que nos trouxo Papá Noel.
O día de Noite Vella ceamos na casa dos meus avós paternos e despois de
cear chega o gran momento da velada: As uvas! Tan unha, tan dúas, tan tres, … e
ata doce, non te rías; pero un ano,
cando era pequena case me atragoo con
unha! Despois de felicitar ao resto da familia por teléfono, pómonos a bailar, tomamos 'cava', cantamos, rimos… Pasámolo moi ben e nunca nos aburrimos. Home,
somos tantos!
Supoño que o día máis importante para todos os nenos do mundo é a chegada dos reis. O día 5 de xaneiro en
Baiona hai unha cabalgata na que se reparten moitísimos caramelos, logo os meus
padriños veñen a cear á miña casa e facemos festa rachada.
Ao día seguinte toca facer o percorrido por todas as casas da familia
recollendo os regalos dos reis. Tanta familia que somos! Montón de agasallos...
Espero que pasedes un bo Nadal!
Lucía Rodal /1º C
----------------------------------
O entroido
Esta festividade celébrase a finais de febreiro ou principios de marzo.
A min Encántame porque te disfrazas coma
che dea a gana, de feito ese día podes
transformarte no que un queira. Pásalo
xenial cantando e bailando no enterro da sardiña, día en que todas as viúvas
van detrás da sardiña chorando e bailando ao ritmo da música ata que se queima
na praia. A pena é que con esa festa remátase o entroido.
Celébroa cos amigos e coa familia. Algunhas veces facemos unha
merendola e pasámolo xenial. Tamén nos
difrazamos no colexio e algún ano paticipamos na cabalgata.
As orellas é un postre típico desta data, están boísimas. Eu prepároas na miña casa, sempre, nesta festa.
O máis famoso dos entroidos é o de Brasil. As rúas énchense con grandes
carrozas, vestidos espectaculares, luces e música. Son fascinantes e os máis
grandes do mundo. Aquí non é tan colorido.
Sem comentários:
Enviar um comentário