---------------------------------------------------------
O gañador do concurso, "Covachef" concede unha entrevista para o blog Primeiro Expreso.
P. -Tiñas algún outro prato na mente?
R. -A verdade é que
si, de feito dubidaba entre a pizza e unhas madalenas de outono.
P. -Por que elixiches esa receita?
R. -Porque supoñía
que a maioría ía facer pratos doces.
P. -Como conseguiches esa receita? Tíñala na casa?
Buscáchela en internet ou deucha algún familiar?
R. -Foi miña nai
quen me deu a idea.
P. -Fixeras a receita antes ou fixéchela especialmente para o concurso?
R. -Era a primeira vez.
P. -Fixéchela ti só ou axudouche alguén?
R. -Si, axudoume a
miña nai.
P. -Canto tempo che levou preparala?
R. -Uns trinta
minutos.
P.-Custouche moito facela?
R. -Non, é moi sinxela.
P. -Cando cociñaches a pizza pensabas que ía a pasar o que pasou?
R. -Non, nunca
pensei que ía ser o gañador.
P. -Hai algún ingrediente segredo que non o dixeras?
R. -Non.
P. -Mentres preparabas a receita, hai algo que che saíra
mal e tiveras que repetilo?
R. -Non, saíunos
todo á primeira.
P. -Na primeira votación para elixir a comida con mellor
presentación, ao ver que non saías
votado, que pensaches?
R. -Que non tiña
posibilidades ningunha.
P. -Que
sentiches cando che dixeron que eras o gañador á mellor receita?
R. - Chorei de alegría.
P. -Estabas nervioso cando che deron o premio?
R. -Moito.
P. -Gustouche o premio ou esperabas outra cosa?
R. -Gustoume moito.
P. -Compraches aos xuíces?
R. -Non…(risas)
P. -Xa gañaras algún premio antes? Que premio?
R. -Si hai anos. Era
un libro relacionado co Samaín.
P. -Que fixeches cando chegaches a casa? Que dixo a túa
familia cando lle dixeches que gañaras o premio?
R. -Chamar a miña
nai por teléfono e contarllo. Ela alegrouse moito.
P. -Despois de probar ti todos os pratos e de poder elixir, a cal lle darías o primeiro
premio?
R. -Daríallo as
“Tortitas de cabaza”.
P. -Que foi o mellor dese día?
R. -Gañar o premio
e recibir os aplausos de todos os alumnos do centro.
Jerónimo Pereira/1º C
-------------------------------------------------
Pizza de outono
Ø Base de pizza.
Ø Unha bandexiña de cogomelos.
Ø Unha peituga de polo picada.
Ø Queixo relado.
Ø Tres culleradas de tomate.
Ø 20 noces.
Ø 1/4 de cabaza en lascas.
Preparación
Botar a peituga
nunha tixola cunha cullerada de aceite, con pouco lume. Mentres temos a peituga
facéndose, botamos noutra tixola os cogomelos
cun chisquiño de allo e aceite. Por outro lado botamos o tomate na base
da pizza, logo a cabaza, a peituga, os cogumelos, o queixo e por último as
noces. Metémolo ao forno 20 minutos e despois dese tempo estará lista para
comer.
Sem comentários:
Enviar um comentário