12/12/2013

Actividade "Que non te pille o machismo"

José María Mur / 1º ESO B
-----------------------------------

Seguro que moitos vos decatastes de que o 25 de novembro foi o día contra a machismo e nós, como nunca nos quedamos calados, imos contarvos como Baiona prestou atención a este día.
Todo foi unha sorpresa, os profesores dixéronnos que iamos facer algo especial esa mañá, pero ninguén nos concretou máis nada.
A esta loita contra o machismo fomos 1º e 2º curso de ESO, pero tamén estaban alumnos do IES Primeiro de Marzo, do CEIP de Belesar e de Fontes.
Cando chegamos á casa do concello, que era o lugar de reunión, tivemos que correr ata o auditorio cun compañeiro, atados os dous xuntos de pés e mans. Isto resultou bastante incómodo e ademais na metade do camiño tivemos que resolver unha proba de intelecto.
Xa no auditorio, as tres parellas que chegaron primeiro fixeron probas relacionadas coa temática dese día, mentres nós quedamos sentados como espectadores, sen poder participar de xeito directo. A pesar disto o día foi entretido e o aprendido incluso mellor.

Sem comentários:

Enviar um comentário