--------------------------------------------------------
Pensade
un momento, neste mundo hai cousas das que non podemos prescindir e unha desas é básica, de feito todas as grandes cidades a necesitan para o consumo; todo o que coñecemos está relacionado con ela. É si!, é a electricidade. Sen ela todos os aparellos eléctricos e electrónicos non funcionarían.
Neste caso a electricidade non a creou ninguén, existe dende que existe a terra, un dos descubridores foi Tales de Mileto, un filósofo grego que intuíu a existencia deste tipo de enerxía, tamén podemos nomear a Stephen Gray, físico inglés que estudou a condutibilidade dos corpos e foi o primeiro en transmitir electricidade a través dun condutor en 1729.
Benxamin
Franklin investigou os fenómenos eléctricos e inventou o
pararraios. Pero un dos maiores descubridores de todos os tempos foi
Tomas Edison, el creou a bombilla e asociou os seus inventos coa
electricidade, marcando un antes e un despois na sociedade moderna.
Carla Penedo/1º C
--------------------------------------------------------------
Foi Jacob Davis o que un día, consciente da tensión que soportaban algunhas zonas dos
pantalóns como os petos e as braguetas, decidiu reforzalas con remaches de
cobre. Como non tiña diñeiro, asociouse
con Levi Strauss, e ambos conseguiron
patente dun dos produtos que máis
satisfaccións deron ao mundo da
moda.
Noraboa polos artigos! Seguide así!
ResponderEliminarUn abrazo. Merce.