29/04/2014

No porto de Vigo

Valeria Cabral e Mauro González / 1º ESO A
------------------------------------------
O mércores 26/3/2014, nós,os alumnos de 1º da ESO, fomos visitar o porto de Vigo, que é un dos portos pesqueiros máis importantes do mundo.
Estivemos acompañados de Emilio e mais Carmen ( profesores do noso centro ), e tamén de dous monitores que ao longo do percorrido estiveron a explicarnos un pouco sobre o porto.

Na excursión visitamos a zona de poxas onde había quenllas, peixes espada... Logo subimos a outro andar no que nos explicaron unha serie de curiosidades sobre o viveiro e o traballo. Tamén fomos ao lugar no que coidaban e recollían lagostas, centolos, caranguexos... e demos voltas polo porto de carga, con moreas e moreas de coches marca Citroen, Peugeot e Toyota. Sen esquecer os guindastres máis grandes de toda Europa, que puidemos ver nese mesmo lugar.
O que máis me gustou foi ver os grandes tiburóns e ver comezar as poxas. Tamén me sorprendeu que nos deran un chaleco fluorescente porque pasaban moitos coches e tiñamos que ser ben visibles.

Sem comentários:

Enviar um comentário