Revista Okapi
Lucas e Martín Ansín / 1º ESO A--------------------------------------
Okapi é unha revista educativa e divertida que se publica mensualmente.
Ten noticias de todo o mundo, chistes bastante bos, cómics, apartados onde opinar, preguntas aos editores, algúns experimentos, apartados en inglés, tests...
Os lectores poden publicar na revista problemas que teñen para que lles axuden e cada mes hai unha cuestión para que os lectores digan se están a favor ou en contra.
Nós recibimos esta revista por correo ordinario xa que conseguila no quiosco é moi difícil. Por cada ano que esteamos subscritos a ela dannos agasallos como por exemplo un tradutor ou un curso de inglés por ordenador.
A revista busca que os nenos falen do que pensan na escola e que se comuniquen con xente de todo o mundo.
Revista NBA
Mauro González / 1º ESO A------------------------------------
Eu, dende hai uns dous anos, colecciono a revista oficial da NBA, que é a liga de baloncesto americana.
É para min a mellor revista do mundo, xa que explica as novidades da liga, curiosidades e outro tipo de cousas dunha forma que, para o meu gusto, é fantástica.
O seu nome é simplemente Revista NBA. Moitos redactores traballan nela e aman tanto coma min o baloncesto.
En cada exemplar varía o número de páxinas ou seccións, sae a final de mes e neste intre xa van polo número douscentos cincuenta e algo, non volo podo dicir seguro.
Toda a publicidade que aparece nela está referida ao tema do baloncesto. Aparecen tendas ou páxinas de venda de roupa e complementos de baloncesto, bebidas ou alimentos deportivos e campus de baloncesto que se fan en España ou noutros países.
Sem comentários:
Enviar um comentário