06/05/2014

Onde vivo?

Ángel Rodríguez/1ºC
------------------------------
Eu vivo  na rúa San Antón no camiño Silveira, moi preto da autoestrada. O nome da rúa combina o nome dun santo co dunha planta moi común á beira dos camiños. É unha rúa pequena  na que non vive moita xente. As vantaxes de vivir aquí son que case non hai ruído, non teño moi lonxe o colexio e os meus veciños son case todos familiares.
Tamén nos aforramos diñeiro en verduras porque as podemos coller na horta dos meus avós.
E un sitio moi bo para vivir pola tranquilidade. 


Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
Vivo nunha vila moi bonita e interesante como Baiona. É interesante porque ten moita historia. Concretamente, eu vivo nunha rúa moi interesante: San Xoán. Recibe o nome dun dos santos máis celebrados.
Dende o meu ático non se ve moito porque os tellados das casas tapan o chan. O único que se ve  un pouco é a Doca do parador e o mar que a rodea.
Na rúa non hai ningún comercio, pero algún bar si.
Está no pleno centro de Baiona, pero non hai moito ruído.
Na  rúa  coñecémonos todos. É moi amigable e ademais os veciños tratánvos (se Ides  vivir alí) moi ben.      
 Aarón Vasconcellos/1ºC
----------------------------
Eu vivo en Baredo, unha vila que pertence a Baiona. É unha das parroquias máis rurais. Está bastante apartado do centro do concello. Os de Baredo din que hai dúas partes : Baredo de Arriba (onde vivo eu ) e Baredo  de Abaixo.
Baredo está situada en dirección  A Guarda, concretamente a man esquerda. Dende a estrada pódese ver parte desta parroquia xa que queda nun outeiro desde o que se ten unha vista da paisaxe mariña fantástica . Baredo ten sitios moi bonitos como o paseo fluvial, lugares onde podes ir comer como O chan da Lagoa e tamén gozar do deporte como  os campos de fútbol. 




Carla Penedo/1ºC 
------------------------------ 
Eu vivo en Baiona na urbanización Praia Santa Marta. Este nome vén da praia Santa Marta que está un pouquiño máis abaixo. Gústame vivir aquí porque non hai ruídos e ademais ten unhas vistas moi bonitas de toda a praia, parte do porto deportivo e incluso un anaco da ribeira do Concello de Nigrán.
A urbanización está formada por edificios  6 pisos cada un. No meu bloque só vive a miña familia e outras tres persoas.

Levo dende pequeniña vivindo aí,  por iso me gusta moito e non quero cambiar de casa. Incluso podo disfrutar da festa que se celebra en honor a Santa Marta en xullo.

Sabas Vázquez/1ºC
---------------------------------
Vivo na rúa Carabela la Pinta. O nome da rúa está relacionado cunha das embarcacións que pilotaba un dos irmán Pinzón no descubrimento de América.
A rúa está ao lado dunha panadería, pero nela tamén podemos atopar  tendas  de roupa, un banco,un restaurante, unha farmacia e unha librería. É unha lugar moi comercial por iso ten moita vida. Outra cousa que lle dá a rúa atractivo é o feito de ter  unha praia practicamente ao lado.
A vila de Baiona non ten moita poboación, non obstante nesta rúa vive un gran número de baioneses. 

Jerónimo Pereira/1ºC
-------------------------------------------
Eu vivo en Belesar, concretamente en Medialdea. É un barrio que está rodeado polos barrios  de Urgal, A Granxa e A Estivada, por iso  o seu nome. A miña rúa está no Camiño da Tomada.  Chámase así porque ao lado hai unha tomada moi, moi grande.
O contorno é moi rural.  Non hai edificios ningúns nin tendas, pero o que hai son centros culturais, catro casas rurais,  un pequeno supermercado; tamén hai unhas ruínas dos colexios antigos.
Non ten moita poboación a pesar de ser unha parroquia bastante extensa.
Belesar, o que ten de especial é o monte que a rodea, destacando A Serra da Groba, ademais ten preto Baiona, Nigrán e Tomiño.

laura Varela/1ºC
----------------------------------------

Eu podo dicir que teño unha das casas máis bonitas que se poden ter .
Non é que sexa unha casa moi grande, pero para min é perfecta. Está situada no barrio Illas Cies, o nome simplemente provén das Illas Cies. É un sitio estupendo, sempre esta tranquilo  e ten unhas vistas moi bonitas.E un lugar moi bo para ter animais porque hai moitos espazos verdes para sacalos a pasear.

Sem comentários:

Enviar um comentário