21/05/2014

Pepe Carballude visita o CPI de Covaterreña.

Miriam Rouco, Vera Rodríguez/1ºC
------------------------------------------------

O pasado martes, día 13 de maio, nós, os alumnos de 1ºESO, puidemos disfutar da visita do autor Pepe Carballude. A razón desta visita era que todo o alumnado de primeiro leu ao longo destas avaliacións o libro O Deus desaparecido, escrito en colaboración con Andrés García Vilariño , cuñado seu.
Falounos sobre os seus logros, os comezos da súa dedicación a escritura e experiencias en xeral.

Foi bastante entretido. Contounos que cando era pequeno o seus pais non se podían permitir que estudara, polo tanto Pepe intentou por todos os medios sacar as mellores notas para que lle concederan  becas. Demostrounos que se queres podes conseguilo.
Despois de que o autor rematara de resumir un pouco a súa historia, comezamos coas preguntas ata que chegou a hora de despedirnos.  A min por exemplo gustoume unha das súas respostas: “eu prefiro que os temas me chamen a min, e non ter que chamalos eu”. Finalmente, algúns rapaces  pedíronlle   que lles asinara exemplares de O Deus desaparecido e el moi amable fíxoo.

Sem comentários:

Enviar um comentário