12/11/2013

Viaxar é un pracer


Laura Varela / 1ºC
 ----------------------------
VIAXE A KENIA

A miña viaxe marabillosa foi a Kenia. Fun en avión dende o aeroporto de Vigo ata o de Barcelona. Esperábame unha viaxe moi longa, a pesar de que o pasei moi ben no avión. Fomos en primeira clase, xa que era o regalo de voda ao meu pai. Eu fun todo o traxecto co meu irmán pequeno, vendo na televisión do avión “Timon e Pumba “. Ao chegar a Mombasa (Kenia) fomos o noso hotel “ The Oawoond". O primeiro día, nada máis espertar, démonos conta de que ía moita calor e fomos a “Mombasamarine national park” que era precioso. Estaba cheo de piscinas, atraccións acuáticas, praias .... Pero sen dubidar, o mellor foi o segundo día. Fixemos un Safari. Vimos todos os animais imaxinables; xirafas , leóns, guepardos... Pero está claro, os que máis me fascinaron foron os maxestuosos elefantes, aínda que nos deron un pouco de medo ao principio , xa que estaban pelexando , pero foi fascinante velos. O terceiro día visitamos unha etnia keniata, pasámolo xenial xogando con eles e aprendendo da súa cultura. Pola noite no hotel representaron a obra de “Timon e Pumba". O meu irmán, durante toda a viaxe de volta, estivo dicindo : HAKUNA MATATA!

 Miriam Rouco/1ºC
 --------------------------
 LONDRES
Sempre quixen ir a Londres. É un destino formidable; multitude de monumentos fermosos e diferentes lugares que visitar. Tiñamos previsto saír de Baiona para ir ao aeroporto de Vigo e chegar a Londres ás nove da mañá e así o fixemos. O traxecto en avión foi moi divertido, nunca montara nun aparello voador. Cando chegamos ao aeroporto de Londres fomos de camiño ao hotel nun taxi típico de alí . Meu pai tivo moi bo ollo, xa que colleu un hotel no centro da cidade de cinco estrelas.
Cando chegamos a recepción tratáronnos moi ben. Tivemos moita sorte porque o encargado do hotel era hispanofalante, entendiámolo moi ben a pesar de que nin meu pai nin  miña nai están moi aplicados no inglés; eu deféndome, pero... Despois collemos as tarxetas electrónicas das habitacións, baleiramos as maletas e fixemos turismo pola cidade: Primeiro visitamos o Big Ben, despois fomos ao ollo de Londres e montamos nel. Que divertido! Tamén fomos o Buckingham Palace e sacamos unhas fotos estupendas. Ao día seguinte visitamos tamén as casas do parlamento e Trafalgar Square, nel paseamos por Chinatow que é unha zona de restaurantes e comercios chinos. O xoves estivemos no Natural History Museum, aquí teñen unhas exposicións de dinosauros incribles. Durante os días seguintes reláxamonos e descansamos nun spa .
Xa eran as dúas da tarde do venres e as tripas empezaban a ruxir, polo tanto comemos nun restaurante de comida típica, pedímos rosbif e pudin de Yorkshire. Se nos vedes aos meus pais e mais a min facendo mímica para que nos entenderan. Que vergonza! Os días pasaron tan rápido e tocou partir. Despois de recoller as maletas chegamos ao aeroporto rumbo a Vigo. Se vos conto!, no avión durmín todo o traxecto debido a semana de aventuras que vivín.

 Lucía Rodal/1ºC
 -----------------------------
 VENECIA
Partirei do aeroporto de Vigo e voarei ata o meu destino: Venecia. Irei co meu mozo italiano que coñecín na viaxe anterior. Montarei en góndola, pasearei polo gran canal, que se estende ao longo de catro quilómetros gozando do ambiente e dos incribles edificios que se atopan a ambas beiras e das pontes, como a de Rialto. Visitarei sitios e monumentos importantes como a basilica e praza de San Marcos,e o palacio Ducal. Pola noite pasearei para escoitar os concertos das cafeterías e soborearei unha rica pasta nalgunha das múltiples tratorías cercanas. Tamén visitarei a illa de Murano, que esta a 1km de Venecia,   famosa pola súa artesanía de cristal , tamén visitarei o museo do vidro que ten 4.000 pezas.

 Anxo Uzal/1ºC
 -------------------

CIDADE DO CABO

A viaxe da miña vida sería pasar un mes,  con bo tempo, na cidade do Cabo. A esta viaxe tan impresionante acompañaríame a miña noiva e tamén invitaría aos meus pais, irmáns, avós, e curmáns … “a familia ao completo”. Para chegar ao noso destino teríamos que ir no avión Northrop Grumman B-2 Spirit. Trátase dun bombardeiro estratéxico de gran capacidade que participou na guerra de Iraq. Para poder facer uso del teríalle que solicitar ao exército un piloto de elite porque ninguén da familia sabe manexar unha máquina tan complicada. O avión tería que aterrar no meu “tellado especial”, un aeroporto emprazado enriba do meu luxoso chalé. Nel tamén transportaríamos o meu “Ferrari chile”, que iría colocado no compartimento das bombas e dos mísiles. Levariamos o coche para podernos desprazar polos arredores da cidade. Aloxariamonos no hotel Mount Nelson. Un dos mellores da cidade. O hotel ten persoal moi cualificado, cociñeiros de prestixio internacional, piscina, spa, ximnasio, pistas de pádel, … e unha morea de servizos de luxo para xente “tan exclusiva” coma nós. A primeira semana sería de carácter cultural: visitando monumentos, edificios destacados, entornos naturais e sitios históricos. A segunda semana estaríamos na piscina do hotel tomando o sol e realizando actividades lúdicas e de aventura. Tamén aproveitariamos para navegar no iate de Roberto Cavalli (íntimo amigo da avoa). Trátase de gozar do mar, da brisa, da fauna mariña, do sol, da familia, e tamén dos “mareos” da miña nai. E por último a última semana sería para relaxarse, disfrutando do bo tempo nas praias máis marabillosas : Clifton, Bloubergstrand... Comendo, paseando e ceando en locais típicos do lugar e degustando a súa gastronomía, coñecendo as súas xentes, os seus costumes.
Para realizar a viaxe de regreso, reservaría uns camarotes nun cruceiro, para así vir descansados e ir facendo paradas en portos importantes de varios países de África. Non podemos deixar pasar a oportunidade de disfrutar das instalacións do cruceiro ( como o casino, a discoteca, as tendas, o rocodromo, as piscinas, ... VAIA VACACIÓNS RAPACES!!!!!


Aarón Vasconcellos /1ºC
-----------------------------------------

ESTADOS UNIDOS AO COMPLETO

A viaxe da miña sería ir a EE.UU. Exactamente a New York (Manhattan),  para visitar o edificio Empire State , o edificio Rockefeller Center , o American Museum of Natural History.

Gustaríame cruzar o océano Atlántico en barco, nun gran iate.
Despois de pasar 4 meses en New York collerei o  primeiro voo en bussines ata Os Ánxeles. Despois nos Ánxeles irei a Hollywood , Disneyland , os Estudios Universal, Paramount, o parque Griffith e as famosas praias de Santa Mónica, Malibú e Laguna Beach. E volverei a España en avión.




 Sabas Vázquez/ 1ºC
----------------------------------------

TENERIFE, O MEU DESTINO                                           

A viaxe da miña vida era ir a Tenerife, e xa fun. Viaxei en avión desde O Porto, cheguei despois de estar catro horas no avión. A compañía do avión era Ryanair, fun cos meus pais, coas miñas curmás e cos meus tíos. Cando puxen os pés en terra quedei abraiado co  que vía,  era xenial.
Nada máis chegar collemos o coche, que  alugaramos, para ir ao hotel, aos parques acuáticos, para visitar os sitios máis importantes... Co coche fomos ata o  “Hotel Be Live Playa La Arena”e deixamos as maletas.
Logo marchamos ao “Siam Park”,  alí  montamos nas atraccións acuáticas, eran moitísimas e eran moi chulas, estivemos alí todo o día.
Ao día seguinte marchamos ao “Loropark”, había moitísimos animais, pero non deixamos ningún sen ver. Encantoume Tenerife.

Cans ou gatos?

***Non sei ti, pero eu prefiro os cans porque son máis cariñosos, máis bonitos e xoguetóns. De feito, teño unha cadela moi bonita chamada Cloe. É un boxer atigrado. Os Boxers poden ser atigrados, brancos, marróns, cor café... A min gústame o atigrado e branco! 
Necesitan moita enerxía, protexen moito a casa e relaciónanse moi ben coas persoas. Son moi listos e encáaaaaaaantalles xogar. Comen moito pero non engordan.
A miña cadela Cloe, sempre que miña nai me rifa, ponse a ladrar para protexerme, e iso tamén é o que temos que facer nós cos cans.
Valeria Cabral / 1º ESO A
-------------------------


***Eu prefiro un can pequeniño que poida vivir dentro da casa coma o Schnauzer miniatura. Este can vive entre 12 e 15 anos e non supera os 38 cm. Poden ser negro, negro sólido, branco neve, sal e pementa e negro e prata. A min o que máis me gusta é o sal e pementa.
O schnauzer non é un can moi deportista pero é moi xoguetón e cando coñece a alguén novo ponse moi nervioso e comeza a saltar ás túas pernas. Necesita que lle dean de comer dúas veces ao día, ten que saír ao xardín ou á rúa varias veces no mesmo día e hai que lavalo como mínimo unha vez ao mes.
Rosalía Martínez / 1º ESO B
-------------------------------

***A miña raza favorita de cans é a Golden Retriever. Son os que máis se usan para axudar ás persoas cegas. Apareceron en Escocia a finais de 1800 e eran utilizados coma cans de caza de aves acuáticas. Os cans adultos miden entre 51 e 56 cm e o seu peso debería estar entre 27 e 31 kg. A cor dos Goldens Retrievers vai dende o dourado claro a escuro, os cachorros soen ser máis claros ca os cans adultos.
Diego Durán / 1º ESO A
------------------------------ 

***O podenco ibicenco é un can moi valente que se emprega para cazar coello. Provén de Ibiza e é o máis alto e forte de todos os cans de coello. É fraco, eficaz e moi inteligente. É moi rápido e case corre coma un galgo.
Joel Alonso / 1º ESO A
----------------------------------



***Gústanme moitísimo os cans. Eu teño tres: un labrador retriever, un coker e un westy. O labrador chámase Pucho e ten 3 anos, é moi bo pero tamén un pouco bruto; o coker é unha femia collida da canceira de Ferrol (A Coruña), ao principio era un pouco mala e non deixaba que ninguén se achegase á súa comida, mais agora é moi boa e é a maior dos tres, ten 5 anos. O westy é un cachorriño de 4 meses, chámase Ona, é moi traste e case non durme en todo día, pasa a maior parte das horas correndo dun lado a outro.
Tamén teño un hamster chamado Hervi.
A miña raza de can favorita é o labrador. É un can moi activo e divertido, pesan entre 30 e 40 kilos e poden ser de tres cores: claros, marrón chocolate ou negro.
Claudia Mariño / 1º ESO B
--------------------------------

***A quen non lles gustan os cans? A min, persoalmente, gústame o Bulldog Francés. E a quen non?
É un can pequeno que non chega nin aos 70cm e, como curiosidade, a pesar do seu nome, a súa orixe é inglesa. Pódese dicir que ten unha cabeza cadrada e que ten os beizos negros coma o seu fociño, e unha mandíbula profunda. O seus ollos son sempre da mesmo cor do seu corpo. As orellas chámanse “orellas de morcego” polo seu enorme parecido co mamífero voador.
É un can que impón aos demais, e que se pode empregar como can gardián. Convive con outras razas facilmente e é unha mascota forte e tranquila. 
Mauro González / 1º ESO A
                                                                    -----------------------------------

23/10/2013

A VOLTA CICLISTA CHEGA A BAIONA

Lucía Rodal e Laura Varela / 1º C
---------------------------------------------
A volta ciclista a España xurdiu no ano 1935. Nos seus comezos só tiña 14 etapas, na actualidade é unha competición ciclista anual de 21 etapas que se desenvolve polas estradas de España, en verán. Ao longo da súa historia son moitos e de distintas nacionalidades os gañadores desta competición, entre eles destacamos: Alberto Contador , Vicenzo Nibali , Samuel Sánchez , Alejandro Valverde , Roberto Heras, Tony Rominguer…
Nesta competición, os gañadores recoñécense polas súas camisetas: 
-Vermella: líder de clasificación xeral por tempos. 
-Puntos azuis: líder da clasificación de montaña. 
-Verde: vestida polo líder de clasificación de puntos. 
-Branca: vestida polo líder de clasificación combinada. 
-Amarela: vestida polo líder da clasificación da xeral.
Este ano, é dicir, na volta a España 2013, participaron en total 21 equipos, algúns deles son: RadioShack-Leopard, La Mandiale, Fdj… A volta comezou en Vilanova de Arousa e rematou en Madrid e tivo como gañador a Nicolas Roche. A segunda etapa, que se disputou toda ela en terras galegas, igual cá primeira e terceira, iniciose en Ponteareas e rematou no Monte da Groba (Baiona). Todo o mundo estaba esperando que chegase á nosa vila este acontecemento deportivo. Multitude de persoas vían as televisións, consultaban os teléfonos para saber onde estaba o pelotón en cada momento. A través da televisión chegábannos imaxes aéreas dos concellos de Tui, O Rosal, A Guarda; incluso das terras portuguesas da outra beira do río Miño. Os primeiros en chegar foron os motoristas. Viñan coas bandeiras verdes, despois coas amarelas. Xa chegaban!
Pero, aínda faltaban as vermellas, ata que ... por fin entrou a segunda etapa en Baiona.
Subiron a toda velocidade cara ao Monte da Groba. Diante de nós pincharon unha roda e en décimas de segundos cambiárona. Non había tempo que perder. Os ciclistas avanzaban costa arriba animados pola xente e así, no medio dunha grande espectación, foron cruzando a meta, o primeiro clasificado foi Nibali.

21/10/2013

As novas esculturas do noso barrio

José María Mur e Gustavo López Leyenda / 1º ESO B
-------------------------------------------------
Seguro que moitos xa vistes unhas esculturas que hai por Baiona feitas de ferro e aceiro. Son as esculturas con que Michele Lescure, unha pintora que residiu varios anos en Baiona ata que morreu este ano o 23 de febreiro, adornou a nosa vila.
Na praza dos Tendais hai 8 esculturas dunha serie chamada “Fauna metálica” porque son animais feitos con ferro e outros metais. Lamentablemente algunha das esculturas da praza foi roubada a primeira noite pero xa a atoparon.
Tamén hai unha escultura dela diante do pavillón de deportes, ao lado do colexio Cova Terreña. Chámase “Abstracción xeométrica”, ten forma cilíndrica, mide dous metros de alto e está feita con aceiro inoxidable e cun motor eléctrico que lle permite moverse.

16/10/2013

De excursión en Manzaneda

Claudia Mariño e Ana Fernández Pereira / 1ºESO B
-----------------------------------------------------
O día 19 de xuño, os alumnos de 6º dos centros CPI Covaterreña e CEIP de Belesar fomos de excursión a Manzaneda.
Polo camiño fixemos moitas paradas. A primeira foi en Ourense, onde demos un paseo pola ponte do Milenio e fixemos varias fotos. Máis tarde fomos cara á fonte das Burgas. Paramos nun parque no que estivemos xogando nunha pirámide enorme e nun tobogán. Cando chegamos á fonte tocamos a auga que estaba fervendo, ao carón da fonte había unhas augas termais nas que había moita xente. Continuamos o camiño e pasamos pola catedral, logo fomos comer unhas pizzas boísimas.
Cando chegamos ao noso destino, Manzaneda, o primeiro que fixemos foi ir ós dormitorios deixar as maletas. Despois baixamos facer as actividades: uns béisbol e outros escalada. Ía moitísimo frío e estaba comezando a chover así que o grupo de escalada non a puido facer e foron a unha sala a practicar nós mentres que os de béisbol estaban no pavillón a xogar. Cando rematamos, ceamos e logo  preparámonos para a discoteca, onde o pasamos moi ben.
Ao día seguinte fixemos moitas actividades. Montamos a cabalo e o instrutor mandounos dar voltas e poñernos de pé no cabalo. Nos karts demos voltas a unha pista e algúns chocaron contra o monitor e contra as rodas que facían de parede.
Chegou o último día e todos estabamos tristes porque non queriamos marchar. Pola mañá fixemos sendeirismo. Despois de xantar o autobús xa estaba preparado, pero antes fomos á tenda de agasallos e mercamos moitas cousas. Tamén fixemos varias paradas: unha para mercar bicas e outra na Cañiza, onde comemos uns bocatas de xamón que estaban boísimos.

10/10/2013

Presentación 2013/14

Jaime Estévez Moreira / 1º ESO B
-----------------------------------------
Este ano no noso curso, 1º da ESO do CPI Covaterreña, somos 55 alumnos e alumnas. Algúns vimos doutros centros, coma eu, que estudei Primaria no CEIP Belesar, pero xa nos coñeciamos da excursión a Manzaneda que fixemos en 6º.
Este ano no Proxecto Interdisciplinar seguiremos contándovos as cousas que sucedan no colexio, falaremos sobre festividades importantes e trataremos temas de actualidade.
Paréceme entretido e interesante que poidamos facer isto e mostrar á xente os nosos traballos e as nosas ideas a través deste blog.
Estivemos lendo os traballos dos compañeiros do ano pasado e paréceme que fixeron un excelente traballo, pero nós imos facer todo o posible por facelo tan ben coma eles!