Necesitan moita enerxía, protexen moito a casa e relaciónanse moi ben coas persoas. Son moi listos e encáaaaaaaantalles xogar. Comen moito pero non engordan.
A miña cadela Cloe, sempre que miña nai me rifa, ponse a ladrar para protexerme, e iso tamén é o que temos que facer nós cos cans.
Valeria Cabral / 1º ESO A
-------------------------
***Eu prefiro un can pequeniño que poida vivir dentro da casa coma o Schnauzer miniatura.
Este can vive entre 12 e 15 anos e non supera os 38 cm. Poden ser negro, negro sólido, branco neve, sal e pementa e negro e prata. A min o que máis me gusta é o sal e pementa.
O schnauzer non é un can moi deportista pero é moi xoguetón e cando coñece a alguén novo ponse moi nervioso e comeza a saltar ás túas pernas. Necesita que lle dean de comer dúas veces ao día, ten que saír ao xardín ou á rúa varias veces no mesmo día e hai que lavalo como mínimo unha vez ao mes.
Rosalía Martínez / 1º ESO BO schnauzer non é un can moi deportista pero é moi xoguetón e cando coñece a alguén novo ponse moi nervioso e comeza a saltar ás túas pernas. Necesita que lle dean de comer dúas veces ao día, ten que saír ao xardín ou á rúa varias veces no mesmo día e hai que lavalo como mínimo unha vez ao mes.
-------------------------------
***A miña raza favorita de cans é a Golden Retriever. Son os que máis se usan para axudar ás persoas cegas. Apareceron en Escocia a finais de 1800 e eran utilizados coma cans de caza de aves acuáticas.
Os cans adultos miden entre 51 e 56 cm e o seu peso debería estar entre 27 e 31 kg.
A cor dos Goldens Retrievers vai dende o dourado claro a escuro, os cachorros soen ser máis claros ca os cans adultos.
Diego Durán / 1º ESO A
------------------------------
***O podenco ibicenco é un can moi valente que se emprega para cazar coello.
Provén de Ibiza e é o máis alto e forte de todos os cans de coello. É fraco, eficaz e moi inteligente. É moi rápido e case corre coma un galgo.
Joel Alonso / 1º ESO A
----------------------------------
***Gústanme moitísimo os cans. Eu teño tres: un labrador retriever, un coker e un westy. O labrador chámase Pucho e ten 3 anos, é moi bo pero tamén un pouco bruto; o coker é unha femia collida da canceira de Ferrol (A Coruña), ao principio era un pouco mala e non deixaba que ninguén se achegase á súa comida, mais agora é moi boa e é a maior dos tres, ten 5 anos. O westy é un cachorriño de 4 meses, chámase Ona, é moi traste e case non durme en todo día, pasa a maior parte das horas correndo dun lado a outro.
Tamén teño un hamster chamado Hervi.
A miña raza de can favorita é o labrador. É un can moi activo e divertido, pesan entre 30 e 40 kilos e poden ser de tres cores: claros, marrón chocolate ou negro.
Claudia Mariño / 1º ESO B
--------------------------------
***A quen non lles gustan os cans?
A min, persoalmente, gústame o Bulldog Francés. E a quen non?
É un can pequeno que non chega nin aos 70cm e, como curiosidade, a pesar do seu nome, a súa orixe é inglesa.
Pódese dicir que ten unha cabeza cadrada e que ten os beizos negros coma o seu fociño, e unha mandíbula profunda. O seus ollos son sempre da mesmo cor do seu corpo. As orellas chámanse “orellas de morcego” polo seu enorme parecido co mamífero voador.
É un can que impón aos demais, e que se pode empregar como can gardián. Convive con outras razas facilmente e é unha mascota forte e tranquila.
É un can que impón aos demais, e que se pode empregar como can gardián. Convive con outras razas facilmente e é unha mascota forte e tranquila.
Mauro González / 1º ESO A
-----------------------------------
Sem comentários:
Enviar um comentário