Laura Varela / 1ºC
----------------------------
VIAXE A KENIA
A miña viaxe marabillosa foi a Kenia. Fun en avión dende o aeroporto de Vigo ata o de Barcelona. Esperábame unha viaxe moi longa, a pesar de que o pasei moi ben no avión. Fomos en primeira clase, xa que era o regalo de voda ao meu pai. Eu fun todo o traxecto co meu irmán pequeno, vendo na televisión do avión “Timon e Pumba “. Ao chegar a Mombasa (Kenia) fomos o noso hotel “ The Oawoond". O primeiro día, nada máis espertar, démonos conta de que ía moita calor e fomos a “Mombasamarine national park” que era precioso. Estaba cheo de piscinas, atraccións acuáticas, praias .... Pero sen dubidar, o mellor foi o segundo día. Fixemos un Safari. Vimos todos os animais imaxinables; xirafas , leóns, guepardos... Pero está claro, os que máis me fascinaron foron os maxestuosos elefantes, aínda que nos deron un pouco de medo ao principio , xa que estaban pelexando , pero foi fascinante velos. O terceiro día visitamos unha etnia keniata, pasámolo xenial xogando con eles e aprendendo da súa cultura. Pola noite no hotel representaron a obra de “Timon e Pumba". O meu irmán, durante toda a viaxe de volta, estivo dicindo : HAKUNA MATATA!
Miriam Rouco/1ºC
--------------------------
LONDRES
Sempre quixen ir a Londres. É un destino formidable; multitude de monumentos fermosos e diferentes lugares que visitar. Tiñamos previsto saír de Baiona para ir ao aeroporto de Vigo e chegar a Londres ás nove da mañá e así o fixemos. O traxecto en avión foi moi divertido, nunca montara nun aparello voador. Cando chegamos ao aeroporto de Londres fomos de camiño ao hotel nun taxi típico de alí . Meu pai tivo moi bo ollo, xa que colleu un hotel no centro da cidade de cinco estrelas.
Xa eran as dúas da tarde do venres e as tripas empezaban a ruxir, polo tanto comemos nun restaurante de comida típica, pedímos rosbif e pudin de Yorkshire. Se nos vedes aos meus pais e mais a min facendo mímica para que nos entenderan. Que vergonza! Os días pasaron tan rápido e tocou partir. Despois de recoller as maletas chegamos ao aeroporto rumbo a Vigo. Se vos conto!, no avión durmín todo o traxecto debido a semana de aventuras que vivín.
Lucía Rodal/1ºC
-----------------------------
VENECIA
Anxo Uzal/1ºC
-------------------
CIDADE DO CABO
Para realizar a viaxe de regreso, reservaría uns camarotes nun cruceiro, para así vir descansados e ir facendo paradas en portos importantes de varios países de África. Non podemos deixar pasar a oportunidade de disfrutar das instalacións do cruceiro ( como o casino, a discoteca, as tendas, o rocodromo, as piscinas, ... VAIA VACACIÓNS RAPACES!!!!!
Aarón Vasconcellos /1ºC
-----------------------------------------
ESTADOS UNIDOS AO COMPLETO
A viaxe da miña sería ir a EE.UU. Exactamente a New York (Manhattan), para
visitar o edificio Empire State , o edificio Rockefeller Center , o American
Museum of Natural History.
Gustaríame cruzar o océano Atlántico
en barco, nun gran iate.
Despois de
pasar 4 meses en New York collerei o
primeiro voo en bussines ata Os Ánxeles. Despois nos Ánxeles irei a
Hollywood , Disneyland , os Estudios Universal, Paramount, o parque Griffith e
as famosas praias de Santa Mónica, Malibú e Laguna Beach. E volverei a España
en avión.
Sabas Vázquez/ 1ºC
----------------------------------------
TENERIFE, O MEU DESTINO
Nada máis chegar
collemos o coche, que alugaramos, para ir ao hotel, aos parques acuáticos, para visitar os sitios
máis importantes... Co coche fomos ata o
“Hotel Be Live Playa La Arena”e deixamos as maletas.
Logo marchamos ao
“Siam Park”, alí montamos nas atraccións acuáticas, eran
moitísimas e eran moi chulas, estivemos alí todo o día.
Ao día seguinte
marchamos ao “Loropark”, había moitísimos animais, pero non deixamos ningún sen ver. Encantoume Tenerife.
Sem comentários:
Enviar um comentário