06/03/2012

A nosa visita á ONCE

Abraham Soto/1ºC
-------------------------------------------------------------------------------------
O luns,  día 6 de febreiro,  os alumnos de relixión de Covaterreña fomos de excursión á
fundación da ONCE de Vigo para saber como é a vida dun cego  e sobre todo para coñecer como se expresan por escrito e como len,  por medio do código “braille”.
Primeiro presentáronnos a unha rapaza cega que nos explicou: as utilidades do  bastón, os obstáculos da vida diaria e o que temos que facer cando vemos a un cego.
Despois a súa profesora mostrounos como escribían os cegos na escola e comoutilizaban os ordenadores. Por último leváronnos a outra sala onde nos ensinaron algúns dos signos do código “braille”.
Grazas a iso comprendemos que a vida dun cego é moi difícil, por iso debemos concienzarnos de que temos que axudalos todo o que poidamos.
Que é a ONCE?
A sigla ONCE significa Organización Nacional de Cegos  Españois . Nela ensinan a nenos e adultos a ler e a escribir “braille”, a utilizar o ordenador, a esquivar os obstáculos cos que se atopan na vida diaria (coa axuda do seu bastón) e a convivir, moitas veces, cun can guía . Para isto necesitan moito diñeiro. Unha maneira de  axudar a que esta organización siga adiante é  vendendo cupóns, deste xeito  conséguese  que esta empresa, única en Europa, siga aí.

2 comentários:

  1. Andrea Pais 1ºB09/03/12, 10:33

    Para min isto non é novo por o motivo da miña tia,ela naceu cega.Agora vende nun quiosco os cupons da ONCE

    ResponderEliminar
  2. Andrea Pais 1ºB23/03/12, 15:35

    Cando era pequena,ela ensinoume un pouquiño "braille" pero xa se me olvidou jijiji era moi divertido porque reunia a todos os seus sobriños e nos daba clases por asi dicilo.
    Agora vive en Cartagena,en Murcia eu fun de vacacións a sua casa e levoume a compra e sabiase o camino de pe a pa porque creo que ela me dixera que a primeira vez fora coa miña avoa,que vive con ela e a miña tia ia contando os pasos o algo asi.
    Gustame moito esta noticia enora boa Abraham

    ResponderEliminar