Gabriel Álvarez / 1º C
-------------------------------------
Gabriel Álvarez levántase cedo, aínda que a hora non é sempre a mesma porque o seu traballo está condicionado polas mareas. Despois de almorzar vai ao peirao, colle o barco, unha embarcación pequena (catro metros de eslora), e adéntrase no mar. Pesca de todo: percebes, congros, xurelos…Pero antes de coller as súas presas ten que botar os aparellos para os peixes e colocar as nasas para capturar marisco. A espera pode ser longa e aínda que ás veces vale a pena, outras non tanto.Sempre vai só, excepto cando vai mergullar para coller bruños, centolas ou nécoras. É perigoso facer isto sen un compañeiro que te poida axudar en caso de presentarse algún perigo.Tivo etapas nas que só se dedicaba a pescar unha especie determinada, pero agora colle de todo. Leva toda a vida de mariñeiro, comezou con sete anos co seu pai, que tamén tiña un barquiño.
É consciente do dura que é esta profesión, xa que é necesario moito esforzo físico para desempeñala, pero quizais o máis importante sexa o arriscada que é.
Carla García /1º C
----------------------------------------------------
Xoán Leyenda Marcote naceu o 23-04-1923 en Baiona, ten 88 anos, pero falta pouco para que cumpra os 89. Casou o 16-01 1947, aos 23 anos, con Carolina Trigo Pereira (27-07-1925).
Tivo oito fillos: Manrique, José, Carolina, Laura, Juan, Guillermo, María de las Mercedes.
Actualmente está xubilado, pero dedicou toda a vida ao mar. O 17-07-2011 déronlle o premio ao pescador máis vello de Baiona, profesión que desempeñou desde os 11 anos.
O seu primeiro barco chamouse Carmen, ao que lle seguiron outros como: Charlot, José, Feluco...E algúns máis.
Xa non está en contacto co mar, porque leva tempo retirado; agora pasa horas na súa horta, pero prefire o mar. El sempre di que “naceu cos pés no mar”.
El pescaba: rodaballo, linguado, coruxo, centola, lagosta, lumbrigante, rubio, boi, escarcho, nécora, santiaguiño, ameixa, navalla, pancho, xurelo, lubina, castañeta... Todo isto pesacábao por Fisterra, Costa da Morte, Portugal, Porto do Son.
Cando ía mal tempo tiñan que volver a terra. Unha vez caeu ao mar e tiveron que axudalo a subir, caera a 70 brazos de profundidade, mentres pescaba sardiña na Costa da Morte.
Di que agora é máis fácil ser mariñeiro ca antes, xa que hai novas tecnoloxías que axudan, sobre todo na pesca de altura da que el gustou sempre máis.
"O malo era traballar día e noite"
Sabela Gallego / 1º A
--------------------------------------------
José Vicente Gallego Giráldez empezou a ir ao mar con trece anos. O seu primeiro barco chamouse Xosé Angel, porque el xa sabía como se ían chamar os seus futuros fillos. Ao primeiro púxolle José e ao seu segundo, Miguel Ángel; de aí o nome do barco. Estivo por moitos sitios, desde Bilbao ata Cabo Silleiro, e rodeou todo África. Pasaba cinco e seis meses seguidos no mar. O seu último barco chamouse “Albacora 15”.
Catro meses embarcado
Marina Gónzalez / 1º A
--------------------------------------
Luís González Rodríguez leva traballando no mar 29 anos. Gústalle o seu traballo pero é bastante difícil. É atuneiro e cada mes pesca 15000 toneladas. Pasa catro meses embarcado e el é o que cose as redes.
Traballou en once barcos diferentes e o primeiro deles foi o “Mar Diez”. O barco que máis lle gustou foi o “Intertuna Tres”.
Sem comentários:
Enviar um comentário