----------------------------------------------
O alumnado de 1º ESO B participou o pasado 13 de febreiro nunha interesante actividade de traballo colaborativo. A profesora de Ciencias Naturais Macamen Cerviño propúxolles que lles explicaran aos nenos de 3º Primaria o tema do universo que estudaran días antes.
Primeiro tiveron que buscar información sobre os planetas, as eclipses, os asteroides, o Big Bang, as mareas, etc. Logo fixeron presentacións en Power Point, con fotos e vídeos. Estiveron practicando na clase para non ter vergoña e facelo ben pois estaban moi nerviosos e tiñan medo a equivocarse.
Uxía e Laura fixeron a súa exposición xuntas e os demais optaron por facelo individualmente. A pena foi que un compañeiro seu (Alex) non viñese ese día porque a súa exposición era moi boa e interesante.
Chegaron ao salón de actos antes cós nenos de 3º para preparar o ordenador e colocarse por orde.
Cando xa estaba todo a punto, chegaron os "seus novos alumnos".
Cando xa estaba todo a punto, chegaron os "seus novos alumnos".
Cada vez que remataban de explicar un tema os nenos facíanlles preguntas. Souberon responder á maioría delas, outras respondeunas a súa profesora. Cando acabaron o seu traballo sacaron fotos todos xuntos e o alumnado de 3º agasallounos con croissants.
Aos nenos gustoulles esta experiencia e para os novos profesores de Ciencias foi unha xornada inesquecible.
Gustariame agradecer a Mercedes e Panchi a invitación a colaborar nesta iniciativa, ao alumnado de 1º B a vosa participación (moito máis numerosa do que eu esperaba) e ao alumnado de 3º o voso interese e curiosidade (seguide así!). Foi un pracer traballar convosco.
ResponderEliminarMacamen (profesora de Ciencias da Natureza na ESO)
Querida Macamen: O pracer foi noso. Moitísimas grazas por participar nunha actividade destas características. O tempo que lle adicástedes a este traballo pagou a pena.Foi emocionante escoitar a conferencia dos nenos e nenas de 1ºESO e ver o ben que se manexaron nas roldas de preguntas. Para os nosos alumnos de 3º resultou moi motivador este intercambio de información " entre iguais ". Noraboa a todos vós! Merce.
Eliminar