Nerea Nieto/1ºC
---------------------------------
Ola a todos, agora imos escribir sobre vantaxes e desvantaxes de diferentes aspectos. A ver que pensades vós?
Sandra Trigo/1ºC
----------------------------------
Cidade ou vila?
O bo das aldeas é que non hai case
ruído e non hai tráfico. Por outro lado case todo ao teu redor é natural, é
dicir, hai fincas, hortas e montes cheos de árbores. Tamén é importante lembrar
que o feito de que sexan lugares pequenos e con pouca xente fai que se coñeza todo o mundo que a habita.
Lucía Rodal/1ºC
-----------------------------
Compras tradicionais ou compras on line?
Mirian Rouco/1ºC
-----------------------------------------------
Viaxar só ou viaxar en grupo?
Viaxar en grupo ten
algunhas vantaxes. É unha maneira de pasalo ben cos teus amigos, xa que podes
facer actividades en conxunto. Se vas a un país que non sabes falar moi ben a
lingua, podes apoiarte nos teus compañeiros para que te axuden.
Pero tamén ten desvantaxes:Tes que esperar á xente, se queres ir a un sitio debes pensar que hai máis persoas que poidan querer visitar
outros lugares. Por iso é necesario sempre o consenso para que a viaxe sexa
perfecta. Necesitas moita organización e coordinación; mentres que unha persoa
soa pode decidir algo de repente ou cambiar unha decisión, que xa tiña tomada, porque non lle afectará a ninguén.
Viaxar en coche ou viaxar en bus?
Laura Varela / 1ºC
----------------------------------------------------
Onde aprender unha lingua estranxeira?
Nunha academia ensinante máis que nada a gramática porque se ti vas por exemplo a aprender
inglés a Londres o que aprenderás será máis que nada expresión oral.
Outro factor positivo
de aprender o idioma no país é conseguir unha boa
pronuncia do idioma, xa que todo o mundo o fala e escoitaralo por
todas partes.
Imos cos contras: Se
ti aprendes a falar a lingua na academia non te van poder ensinar todo o
vocabulario e quizais no país ao que
vaias si, ademais que na academia só vas
falar a lingua estranxeira alí, ao saír xa perdes o contacto con esa lingua.
Jerónimo Pereira ,
Vera Rodríguez/ 1ºC
-------------------------------------------------
Nós preferimos casa porque tes
máis espazo e liberdade ca nun piso. Estás máis illado dos ruídos externos.
Podes ter horta, piscina, árbores e garaxe propio.
As desvantaxes dunha casa
son: limpar moito, pagar máis pola electricidade,
a calefacción, a auga, e IBI.
O mellor dun piso é que acostuma estar máis preto do centro e isto posibilita ter todo
tipo de comercios e servizos a man.
Non obstante o piso ten
menos intimidade, hai máis ruídos, ás
veces os veciños incordian; incluso podes ver os veciños de en fronte.
Anxo Uzal/1ºC
--------------------------------
Can ou peixe?
Do peixe só te tes que preocupar
de cambiarlle a auga cando está moi sucia para que non morra e só lle debes dar de comer unha vez ao día e é moito máis barato ca o can, pero non o
podes tocar nin podes darlle cariño.
Sem comentários:
Enviar um comentário