10/03/2014

O espectáculo é o estadio

Estadio Nacional de Pekín

José María Mur / 1º ESO B
--------------------------------
O mellor estadio cal será…? Sempre me preguntei isto e incluso despois desta investigación a fondo sigo sen telo moi claro, pero este foi o que máis me gustou: o Estadio Nacional de Pekín.
É comunmente coñecido como “niño de paxaro” debido á rede de aceiro do seu exterior. Está cuberto por unha membrana transparente. O estadio ten 330 metros de longo, 220 metros de ancho e 69 metros de altura. Está equipado cun sistema de enerxía solar e de recollida da auga de chuvia para o seu rego e limpeza.
Acolleu as cerimonias de inauguración e clausura, as probas de atletismo e a final de fútbol nos XX.OO. de Pekín en 2008. Foi terminado en 2008 xusto para eses XX.OO.
A razón pola que me gusta tanto? Chega con que miredes a imaxe. 


The Floating Stadium de Singapur

Jaime Estévez / 1º ESO B
--------------------------------
The Floating Stadium encóntrase no centro de Singapur e é un estadio de fútbol. E diredes vós, para que vos vou falar dun estadio de fútbol? Este estadio non é igual ca os demais.
Comezou a construírse en 2006 e rematouse en agosto de 2007. Esta construído totalmente de aceiro e mide aproximadamente 120x83 metros.
O que lle fai ser un estadio especial é que se encontra sobre o mar, de aí vén o seu nome. Conta cunha tribuna que, esta si que está sobre a terra, ten unha capacidade de 30.000 persoas.
Nel celebráronse os Xogos Olímpicos da Xuventude no 2010.
Elixín este estadio porque me parece peculiar que estea no mar e que estea rodeado de edificios espectaculares como vedes na foto.


Allianz- Arena de Munich

Javier Español / 1ºESO A 

------------------------------

Este campo empezouse a construír no 2001 e ten unha capacidade de 71.000 espectadores. Nel xoga un equipo de fútbol da Bundesliga: o Bayern de Munich. Esta construción custou arredor de 280 millóns de euros.
É o que máis me gusta porque pola noite a iluminación que ten é moi bonita e fai un efecto espectacular. 



 

Sem comentários:

Enviar um comentário