20/03/2014

Trucos para todo

Grupo 1ºC
..........................................................................

BELEZA                                             
  • Se queres ter un pel moi hidratada tes dous trucos: un é moi sinxelo e o outro xa é un pouquiño máis complicado .
  • primeiro: Colle unha folla de aloe vera, córtalle un cachiño, bótaa na pel, estendéndoa. 
  • segundo: Faremos unha crema caseira . Botas nun pequeno recipiente aceite de oliva, dependento da cantidade que queiras conseguir; despois  sal gordo ata que quede menos groso. O resultado será unha crema áspera que estenderás sobre a pel.                     
  • Se  te estás maquillando e sécase o lapis de ollos,  acércao a unha lámpada e coa calor quéntase e pintará perfectamente.
  • Unha maneira de reducir a celulite  é collendo unha presa de  grans de café  que mesturamos con auga e cun aceite esencial, desta maneira  xa tes unha loción para reducir esa celulite.
  • Para reducir as bolsas dos ollos hai mil trucos, case todos eles pensados para previlas. Agora ben, se xa as tes, como se poden aliviar? Cortando patacas e poñéndoas, claro, en finas rodelas baixo os ollos. A explicación dos dermatólogos é que a pataca e astrinxente, axuda a absorber líquidos. Así que xa sabes, se  te levantas inchada/o, a pelar patacas!

HIXIENE                              
  • Se tes unha mancha de pintura ou bolígrafo, que resulta moi difícil de limpar; nunha parede, no coche ou calquera outro sitio. Podes usar pasta de dentes para sacala. É un remedio moi bo.
  • Se unha peza de roupa de cor tinguiu  roupa branca; unha solución para que quede outra vez branca e metela nunha tina con auga fervendo.
  • Para sacar as manchas de viño na roupa non podes fregala, tes que deixalo e botarlle sal. Tamén consiguirás bos resultados botándolle gaseosa ou cervexa e logo aclaralo con auga. 
  • Para quitar o mofo necesítase un recipiente grande, enchelo de leite, dá igual que tipo: desnatado, enteiro ou semidesnatado. Meter a  prenda de roupa no recipiente e deixala repousar 2 h.
  • Despois de quentar peixe no microondas unha boa solución para que desapareza o cheiro e quentar nel macela, limón ou café, desta maneira substituirás o desagradable cheiro a peixe.
  • Cando estás fritindo peixe e non queres que cheire. Colocas nun cazo  denterxente ou suavizante a quentar ao lado e xa non cheirará.

SAÚDE
  • Para as queimaduras de aceite, un bo remedio e botarlle pasta de dentes ou a polpa dunha folla de aloe vera, xa que notarás alivio rapidamente.
  • Para a dor de cabeza é bo unha macela quente con mel.
  • Cando che pica unha abella  é bo fregar a picadura cun dente de allo, alivia a comechón.       
  • Cando tomes  algún alimento picante, un bo remedio para baixar esa sensación é comer pan.
  • Mel con limón é un bo xarope para a dor de gorxa.
  • As maniotas ou dores musculares poden mellorar tomando unha beberaxe a base de auga, limón e azucre.
  • Para o impo, bebe auga boca abaixo.
  • Seguro que cando comes peixe, algunha vez atragoácheste  cunha espiña, pois a continuación vouvos dar un bo truco cando isto suceda. Seguro que cando vos pasa isto tomades moito pan e auga, pero   aínda  hai algo máis efectivo; tomar zume de limón.  Pensarás,limóns! Pois os limóns actúan como disolvente, e pouco a pouco  vai eliminándoa ata conseguir a súa completa disolución.Espreme limóns, e cando xa teñas máis ou menos un vaso de zume,  toca bebelo. Se á primeira  non podes quitar a espiña, volve a  intentalo.
·   Cando te picas cunha ortiga, colles unha folla dunha herba  chamada mentraste ou falsa menta e fregas con ela onde te picaches e o proído irase suavizando.

·  Un día caloroso de verán sen nada de nubes, que apetece ir á praia e tomar o sol na toalla, esquéceste de botar crema no corpo e cando volves a túa casa e míraste no espello e estás vermello. Que fas?
1º Se tes crema hidratante (mellor que teña Aloe Vera) bótaste onde teñas máis vermello e onde máis che doa.
2º Se non tes unha planta de Aloe,  sería bo comprar unha.
3º Cando a teñas na túa casa esperas a que sexa de noite e cortas unha fina tira é o líquido que teña no seu interior o refregas ben nas partes máis queimadas.

·   Un día con temperatura tépeda, ao día seguinte tes dous exames finais e  dóeche moito a cabeza, sónas os mocos moi forte e comezas a sangrar polo nariz, que fas?
1º Cando  antes chegues ao baño mellor.
2º Móllas os pulsos con auga fría, a fronte e a noca.
3º E se non funciona colles uns anacos de xeo cun trapo e  pólos nos  pulsos.

·    Para a mucosidade:
Ingredientes: 1 cebola grande, e 2 o 3 culleradas sopeiras de mel, auga para cubrir a cebola.
Elaboración: Poñer a auga coa cebola sen chegar a cubrila, ferver e despois pór o mel. Deixar repousar. Tomar todos os días unha cullerada deste  xarope.

·    Para despexar as vías respiratorias:
Ingredientes: Auga e eucalipto.
Elaboración: Ferver a auga co eucalipto.


Aplicación: Inhalar o vapor  cunha toalla na cabeza.


OUTROS
  • Pois, que facer cando abres un bote de pegamento extraforte e, por usalo  só unha vez,  resécase ata non poder abrir a tapa? Parece moi raro, pero é moi eficaz. Tan só tes que meter o pegamento extraforte  na neveira e así tantas veces como dure.  
  • Cando unha goma de mascar se pega no pelo, o único que tes que facer é, cun xeo, fregar a zona onde está o chicle para endurecela e  así despegarase mellor. 





1 comentário:

  1. Encantoume esta sección de "trucos para todo"! Poñerei en práctica algúns deles, sobre todo os que me servan para estar máis guapa he he he. Bicos. Merce

    ResponderEliminar