05/03/2014

A arribada

Nicoletta Paredes , Lucía Rodal e Miriam Rouco/1ºC
-----------------------------------------------------

A Arribada é a festa que conmemora uns dos grandes feitos de toda a historia, o descubrimento de América. Esta festa é unha homenaxe dese acontecemento histórico, pero tamén fai referencia a que Baiona foi o 1ª vila do vello continente en coñecer esta fantástica noticia.


 Vou contar algo desta historia: Os irmáns Pinzón partiron de América rumbo a Palos de la Frontera en cadanseu barco, por varios motivos Martín Alonso Pinzón desviouse da traxectoria e chegou a Baiona, a bordo da carabela Pinta, onde faleceu ao pouco tempo. Este feito fixo que os baioneses celebren esta festa  con tanta honra.
A  festa  celébrase a primeira fin de semana de marzo. Ás 10 da mañá botan bombas para dar comezo ao mercado medieval, que se sitúa nas rúas vellas de Baiona, nas que atopamos  postos de artesanía medieval e  de alimentacion. Na praia de A Ribeira fanse distintas funcións de teatro que recrean os momentos que viviu a vila daquela. Outra actividade é a “Justa de cabalos” na que xinetes loitan entre eles e tamén a función das aves rapinas co seu adestrador. Na praza do concello, atopamos obradoiros e o campamento de adestramento, onde os nenos practican para ser grandes cabaleiros.
 Está considerada unha das grandes festas  de interese turístico nacional, xa que nela imos atopar diversión, grandes manxares e unha viaxe no tempo á Galicia do século XV.


Sem comentários:

Enviar um comentário