24/03/2014

Quen é Banksy?

Mauro González / 1º ESO A
-------------------------------
Non vou explicar o que son os graffitis basicamente porque penso que todo o mundo os pode ver facilmente saíndo á rúa. Vou falar de Banksy, un dos graffiteiros máis famosos a nivel mundial na actualidade.
Todas as súas obras teñen un significado en particular e soen ter un sentido político ou social, protestando por algo ou manifestando as súas opinións, como algunhas das que fixo no muro de Cisxordania.
Sabemos que é un home loiro, dunha estatura media, de entre 28 e  35 anos. Pero todo isto non o sabemos con seguridade porque nunca fixo pública a súa cara. Sempre vai cun suadoiro negro, coa carapucha posta.
Fai exposicións por todo o mundo e as súas obras chegaron a venderse por centos de miles de euros.
Como curiosidade, dicir que para os seus graffitis emprega uns modelos de gran tamaño que el mesmo fabrica. Persoalmente, penso que isto facilita bastante o seu traballo. 
Esta é a obra de Banksy que máis me gusta a min.


Sem comentários:

Enviar um comentário