26/11/2013

1º da ESO triunfa no festa do magosto

Carolina Cedeira e Luís Corbacho / 1º ESO A
------------------------------------------------
O venres 15 de novembro celebramos o magosto no noso colexio, o CPI Covaterreña.
Despois do recreo estivemos todos os alumnos de secundaria no pavillón para descubrir os gañadores de dous concursos: “Cóntame un conto” e “Cova chef”.
No concurso “Cóntame un conto” había que facer un relato en galego que tivera como tema o magosto e que estivera dirixido a nenos de 3 a 6 anos. En terceira posición quedou Anxo, de 1º C, en segundo lugar quedaron Claudia e Ana de 1º B e o primeiro premio foi para Noemí e eu, Carolina, de 1º A. Pasamos bastante vergoña, porque tivemos que ler o noso conto diante de todos.
Déronnos varios agasallos pero o gran premio foi ler os contos aos nenos de Educación Infantil do colexio.
No concurso “Cova chef” había que presentar un prato que estivera elaborado con produtos de outono e explicar nun papel cales eran os ingredientes e a preparación. Deron dous premios: un á presentación do prato, que gañaron Ana e Antía de 2º ESO, e outro para o máis saboroso, que foi para Xerónimo de 1º C.
Despois da entrega de premios todos comemos as larpeiradas que se presentara ao concurso e por suposto castañas asadas, que para iso estabamos celebrando o magosto.
Finalmente fomos ao patio facer unha ruta de xogos populares como a corda, o trompo ou a ra. Os monitores foron os rapaces e rapazas de 1º C, así que os de 1º da ESO arrasamos en todo o magosto, como podedes ver.
Aupa 1º!!! 

1 comentário: