-----------------------------
O día 13 novembro todos os alumnos de 1º de ESO fomos cos profesores Rebeca e Quique ás instalacións do Faro de Vigo que están en Chapela.

Despois fomos ás maquinas que imprimen o periódico, aínda que a esa hora non estaban funcionando tal e como nos explicara antes Julia, pero no vídeo xa as viramos en marcha.
Fomos pasando polas distintas seccións ata que chegamos case a última, na que un fotógrafo nos sacou unha foto que se publicará no Faro de Vigo o día 26 de novembro.
Finalmente acabamos na recepción e agasalláronnos cunha bolsa que contiña un póster do Celta de Vigo, un bolígrafo do Faro, un pin co escudo de Galiza e dous mapas.
Sem comentários:
Enviar um comentário